Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perdoa se te chamo amor

jueves, 17 de junio de 2010
Baixo ese título, Scusa ma ti chiamo amore, o filme italiano de Federico Moccia, autor da novela que recibe o mesmo nome, achegueime ao cine días atrás. Foi unha sesión fantástica. Unha historia sinxela e á vez marabillosa de dúas persoas distanciadas vinte anos en idade, pero que coa casualidade do seu accidentado encontro van crer no amor, como tantas parellas que en Roma atan os seus cadeados, símbolo do amor, nas farolas da ponte Milvio.
Moccia abriu a serie de novelas que teñen como protagonistas a Niki e Alessandro co libro Perdona si te llamo amor, que continúa con Perdona pero quiero casarme contigo. A primeira das súas obras foi A tres metros sobre el cielo, continuando a historia de Step e Babi en Perdona pero tengo ganas de ti. Da primeira sorprendeume o seguinte, a modo de curiosidade: foi rexeitada por diversas editoriais ata que o propio autor a publicou. Ninguén imaxinaba o tremendo éxito que viña do selo de F. Moccia, quen afirma en Perdona si te llamo amor que amar é sentirse lixeiros e libres, saber que un non pretende apropiarse do corazón do outro, "que non é teu, que non che toca por contrato". O amor debe merecerse cada día.
O filme que vin o martes pasado fíxome achegarme a este libro, que estou lendo con absoluto fervor, malia ser unha lectura xuvenil predestinada a un público maioritariamente adolescente. Iso na teoría, pois un dos seus protagonistas ten 37 anos, o que fai que sexan tamén outras xeracións ben anteriores á miña as que se acheguen ao fenómeno Moccia, sumando máis de tres milllóns de exemplares vendidos, sen contar o último libro. Seguindo unha cita incorporada no filme, traio aquí estas palabras: "o amor é coma un raio, non se sabe de onde cae ata que non caeu".
Así nace unha ‘love story’ contemporánea protagonizada polos actores Raoul Bova e Michela Quattrociocche, que non pasa desapercibida, dende logo, e que chegou ás nosas pantallas dous anos despois de ser estreada en Italia. Entre escena e escena Moccia deixa afirmacións que obrigan a reflexionar sobre a vida mesma: "calquera que teña amado ten unha cicatriz..." ou "cando unha historia remata, a dor, normalmente, é proporcional á beleza do amor vivido. Entón, chegan puntuais, a traizón, os recordos". Sempre coa omnipresente idea de que só hai unha cousa que teña o poder de facer cambiar a vida dunha persoa (o amor), ao longo de 680 páxinas a historia de Alex e Niki convértese tamén nun bo percorrido polos lugares emblemáticos de Roma.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES