Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pedro Rubal

jueves, 17 de junio de 2010
A presentación dun libro é sempre un feito gozoso, sobre todo para quen gustan da lectura, pois saben que todo libro que chega ás súas mans é unha xanela aberta ó mellor coñecemento da vida e polo tanto unha oportunidade para enriquecer, en extensión ou profundidade, ou ambas á vez, a bagaxe dos seus saberes. Así o expresou o intelectual e diplomático James R. Lowel: “cultivade ante todo a lectura pois non hai placer tan barato, tan inocente e remunerador coma o goce positivo e cordial que produce o ler”. O vindeiro día 19 vai ter lugar en Mondoñedo a presentación do libro “Evolución y complicidad”. O seu autor é un coñecido intelectual mariñán, vello profesor que exerceo o seu maxisterio en institutos da bisbarra: Ribadeo, Burela, Mondoñedo… Alguen que non só vivíu con paixón a función académica, senon que a súa traxectoria vital resulta estímulo e exemplo para a sociedade, especialmente para as novas xeracións, ás que él se esforzou en formar dende a súa cátedra de filosofía, á que chegou, sen apenas medios, polo vieiro do traballo, o esforzo, a honestidade e a armonía coa sociedade que a cotío o arrodeou. Esa é a grande lección de Pedro Rubal. A súa formación humanista e o talante dialogante, participativo, refrexivo, ponderado e imparcial fan del un mestre sempre en activo, do que nos beneficiamos os que, por razóns de amizade e relación, asistimos ás súas aleccionadoras conversas. Nado no medio rural, do que nunca quixo sair, forxou a personalidade inmerso na paisaxe e a paisanaxe que enmarcaron a súa experiencia vital; autodidacta, atopou nos libros os camiños que o conduciron ó dominio dos saberes intelectuais e humanos. Pedro Rubal, hai anos xubilado vive, coma sempre, a paz bucólica da bisbarra valadourense, na compaña inseparable de Carmen. Segue a ser o amante da lectura que foi sempre; o estudoso, o investigador. Este que ahora se presenta é o seu segundo libro, tras do exitoso “De Maquiavelo a Walrraff”. Ámbolos dous son traballos eruditos, rigurosos, de moi atractiva temática. O pobo de Alfoz recoñece a exemplar traxectoria do catedrático Pedro Rubal, seu veciño, e acaba de nomealo Fillo Predilecto. Parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES