Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Liberdades e o bipartidismo

miércoles, 16 de junio de 2010
Desde o Preguntoiro: As Liberdades e o bipartidismo

Este bipartidismo que estamos a sufrir neste país onde falan de liberdades cunha desenvoltura que soamente oílos da repulsións. ¿De qué liberdades falan?. Da liberdade de millóns de parados que non poden vivir dignamente. Será a liberdade da maioría dos cidadáns en precario explotados por este agónico sistema neoliberal inxusto, imposto por ese organismo antidemocrático do F.M.I. que PSOE e PP apoian, dando unha sensación dese ente mundial que está por riba da nosa Constitución. Quizais falen desa liberdade oligárquica bipartidista (debería ser máis xusto falar de bisistema) que eles mesmos apoian. Unha “democracia” moi ben engraxada.

As liberdades que nos impoñen agora coa Lei de reforma laboral só serven para explotar ao persoal con soldos lixo, despido libre, privatizacións de organismos públicos e subida de impostos inxustos. Se esas son as liberdades das que fala este bipartidismo, entón que se queden eles con esas liberdades ao carón dos poderosos na sombra que lles ditan como teñen que facer oposición e gobernar.

É moi doado falar de liberdades e recortes sociais co estómago e o bolso cheo. É moi doado tirar de caixa pública moreas de cartos para salvar aos banqueiros e os “chiringuitos” dos “capos” financeiros, que non tiveron que explicar diante de ningún tribunal como lograron montar semellante “pitostio”.

A autentica liberdade non é da que falan estes bisistema desde os medios televisivos afíns, senón a que se desprende de actos cheos de valores, solidariedade, igualdade e democracia real. Tódalas reviravoltas que nos queren vender como dous partidos diferenciados todo é papel mollado; no esencial e coa tesoira de podar aos máis débiles sempre están de acordo.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES