Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Puntualizacións a unha columna

lunes, 14 de junio de 2010
Non hai como ter amigos investigadores -ou sexa, ben informados- que con todo o cariño do mundo che poñen os puntos sobres as “is” á mínima de cambio e con ese mesmo cariño che debullan un artigo en menos do que canta un galo.

Isto foi o que me aconteceu esoutro día -é dicir, o martes- co artigo que escribín para facerme eco da xornada recordatorio que este sábado terá lugar en Mu-gueimes con motivo do 60 aniversario da inauguración do encoro das Conchas, á que, como xa me pronunciei, teño pensado asistir para saber algo máis (agora con moito máis motivo) sobre os pormenores da súa instalación e sobre cómo afectou esta ocupación sobre a tranquila sociedade local da Baixa Limia.

Unha vez que escribín a co-lumna, remitinlla para contestarlle ó seu envío e ó mesmo tempo informalo de que a ía publicar e, ó pouco tempo -aínda que xa sen marxe de rectificación- contestoume o que de seguido reproduzo, recoñecendo así os erros cometidos e facendo votos polo rigor e a veracidade dos feitos, que é o que dende hai moitos anos me move para escribir cada semana estas columnas.

Logo de agradecerme o detalle de facerme eco da iniciativa, o meu amigo Manuel Rivero, co rigor analítico de sociólogo experimentado díxome que me tiña que facer dúas “apreciacións”.

A primeira era que “O Cadós e o Limia xúntanse na Pontenova, pois a Pontepedriña está no borde da presa”.

E a segunda foi que, “aínda que Portoquintela tiña negocios de todo tipo, nunca tivo feira”. (¡E eu, que me prezaba de ter andado de neno por tódalas feiras da Baixa Limia, dende Couso ata a Portaxe, pasando por Porqueirós, Calvos ou Cabaleiros!)

De seguido falamos por teléfo-no e entón eu díxenlle que, como é de sabios rectificar, as súas puntualizacións daríanme pé para seguir falando do encontro do próximo sábado en Mugueimes, onde, como xa dixen esoutro día, ninguén trata de rectificar nada, senón analizar o que pasou para que nos sirva de lección e nos axude a encarar o futuro con conciencia.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES