Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha xuntanza de amor

martes, 08 de junio de 2010
Unha xuntanza de amor O pasado sábado 29 de maio o crego da Montaña, D. Xesús Mato Mato, recibiu unha merecida homenaxe polos seus 27 anos como párroco nas parroquias de Hospital da Condesa, Fonfría, Padornelo, O Temple e Louzarela, en Pedrafita; A Carqueixeda, en Samos e Teixeira, no Courel. Preto de trinta anos levando o seu bo facer polo interior de Lugo, sempre fiel ás súas conviccións, ben tiñan que valer unha distinción semellante.

Alí, no Cebreiro, fomos moitos os que nos xuntamos para festexar con el o seu día grande, para poñerlle música a unha celebración moi emotiva que contou coa presenza do Orfeón Lucense, grupo coral que dirixe actualmente D. Xesús, e con colectivos culturais como María Castaña e agrupacións musicais como A Quenlla, entre outros. Todos os convidados contribuiron de xeito especial a facer que o acto de homenaxe se convertira nunha data para gardar no álbume da memoria. Entre agasallo e agasallo, o homenaxeado puido desfrutar das voces de Mini e Mero e da música de gaitas de Raúl Galego e do gaiteiro Xosé Luis Foxo, sen esquecernos das pezas improvisadas do brindeiro de Louzarela, Antonio Río Montero, todo un artista que goza do beneplácito entre os da parroquia.

Na liturxia que precedeu ao xantar de confraternidade contouse estivo presente o señor Bispo de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, e no acto que tivo lugar a continuación, a presentación do libro Mato sono io, escoitáronse as voces da escritora Marica Campo e outros nomes que colaboraron na elaboración do volume. O libro é o resultado dun compendio de lembranzas e dedicatorias co que os seus amigos e achegados quixeron agasallalo despois de cumprir no 2007 os 75 anos de vida e no 2008 as súas vodas de ouro como párroco e as de prata como cura na zona de Pedrafita. Persoas de todos os eidos déronse cita nun acto presentado por Xulio Xiz que, de seguro, será recordado polo homenaxeado como unha xuntanza de amor. Na sobremesa, poñéndolle o punto e final ás actuacións musicais que acompañaron ao café, o Orfeón Lucense volveu facer aparición para cantar ‘O galopín’ e o ‘Velaí vai’. Así remataba unha festa que para D. Xesús Mato era unha cita máis cos veciños e amigos que compartiron con el o día a día dunha vida adicada a mellorar o que é o mundo no que vivimos.
Aquel párroco que fixera a súa carreira sacerdotal no Seminario Diocesano de Lugo e que volvía de Lalín no ano ano 1983 para ocuparse de seis parroquias ubicadas no Cebreiro, aquel crego que tanto contribuíu á formación de míticos grupos galegos como é Fuxan os ventos e de asociacións como Auxilia- Lugo, estivo acompañado polas preto de duascentas cincuenta persoas congregadas en Hospital da Condesa que tiñamos un único cometido ese día: facer da homenaxe unha xuntanza de amor que fose recordada para sempre polo protagonista.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES