Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De folgas e traballos

martes, 08 de junio de 2010
Os Sindicatos están ameazando de cotío cunha folga xeral, que ninguén coida solucione nada, e vai agriar as relacións entre todos os estamentos que interveñen no mundo laboral: traballadores, empresarios, sindicatos e administración.

Os sindicatos teñen que facer vale o seu papel e demostrar que son independientes de todo tipo de administracións, aínda que dependan delas para funcionar. Será tanto unha demostración de forza da clase traballadora como unha reafrmación interior do seu papel mediador e representador dos traballadores diante dos empresarios e as administracións.

Para hoxe está prevista unha folga de funcionarios como preludio doutra xeral. E son os funcionarios avanzada daquela precisamente por ser os traballadores públicos o primeiro obxectivo demostrado do goberno ó rebaixar os seus emolumentos un promedio dun cinco por cento, para contribuir ó saneamento das contas públicas, pero tamén como medida de forza e toque de atención do que o executivo está disposto a facer para conseguir os seus fins de aforro, optando decididamente por recortar gastos antes que -aínda que tamén- procurarse ingresos.

¿Sirven para algo as folgas?, é a pregunta que cabe formularse diante desta medida extrema que ninguén se tomou a molestia de explicar, razonar e solicitar opinións.

O funcionariado ten asumido a medida e non se teñen escoitado demasiadas voces en contra, aínda que o malestar xenerado é ostensible. O colectivo considera que son tempos difíciles, que hai que arrimar o ombreiro e que unha decisión así non pode orixinar unha confrontación definitiva. Todos teñen en conta que a gran ventaxa dos funcionarios públicos é que o seu posto de traballo non periga, polo que ben poden colaborar na tarefa común de apretar o cinto.

A folga é a lenguaxe definitiva. Despois, non queda nada máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES