Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dende a inmediatez, a rabia e a impotencia

viernes, 04 de junio de 2010
Calquera persoa de boa vontade non pode máis que horrorizarse ao lembrar o holocausto onde millóns de xudíos foron masacrados polos nazis. Só aqueles que repiten semellantes barbaridades manifestan o seu obsceno desprezo por aqueles feitos, e son os seus descendentes israelies, precisamente a quen máis debería afectarlles, os que profanan as tumbas dos seus antepasados gaseados, cada vez que asasinan a persoas sen mási protección que unha bandeira branca como único obxecto inocuo de paz, como acaba de ocorrer coa “flota da liberdade” que trataba de introducir axuda humanitaria para os humillados, sometidos e desesperados cidadáns palestinos de Gaza.

Son estes sionistas os que converten os seus prantos en bágoas de crocodilo cando amosan a súa aflición pola barbarie nazi sobre os seus correlixionarios, pois en lugar de aprender a lección e ser paladíns da xustiza e a paz, como sería o normal despois do que sufriron os seus antigos, pola contra, nunha ósmosis esquizofrénica, transformáronse no que odiaron, converténdose nunhas novas bestas inmundas, tan feroces como aqueles nazis que denostaban.

En boa lóxica, Israel debería ser considerado un estado terrorista, cun goberno sinvergüenza e un exército vándalo.

Acaban de demostralo, unha vez máis, atacando a esta flotilla sen importarlle que fose en augas internacionais, nin pararse en menudencias de preparar un dispositivo neutralizador, proporcional á situación dunha defensa pacífica por parte dos activistas, se non que pau e tente teso. Remátase antes, con metralleta en ristre, matando a quen se poña por diante, dándolles igual que sexan nenos, mulleres, deputados, excongresistas, premios nobel, escritores, ONG,s ou o que sexa. Para estes esquizoides “eran unha armada do odio e da violencia” e que os “provocaron” cuns coitelos, uns paus, e meten algunha pistoliña para darlle máis forza a cousa.

Un Estado así, que fai estas masacres sen sentido, parecería que tería que ser un ente absolutamente marxinal, desprezado e illado polo resto do mundo. Pois non, todo o contrario, co amigo americano como valedor, considérase como un estado bo, serio e democrático, polo conxunto dos occidentais, que agora farán que fan para non facer nada.

A responsable de AA.EE da UE nin se atreveu a condenar os asasinatos. Zapatero chama a consultas ao embaixador israelí onde tomarán un café e ata outro momento. Outros países europeos farán o mesmo. Obama pode que lles diga, tirádeme un par de edificios de colonos israelíes da franxa ocupada, pero que xa non vivan neles, para que eu poida quedar ben. Na ONU alguén poñerá o veto a unha condena. ¿E os intelectuais progresistas españoles?, preocúpados máis pola ditadura cubana. Iso se, todos dirán que están consternados e que esperan que non volva a suceder algo así. Mentres, o goberno israelí seguirá partíndose de risa, sobre todo dos europeos, “pobres diaños”. Saben, que en poucos días todo volverá ao rego. Os medios diluirán esta masacre nun pretendido enfrontamento armado con algúns partidarios de Al Qaeda e Hamás infiltrados, e o perigo seguirá sendo Irán. Eses sí que son os malos.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES