Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desde o xoves

lunes, 15 de marzo de 2004
Moito “choveu” en Galicia e en España desde o pasado xoves, en que todos fomos madrileños e tódalas mortes nos doeron como se fosen galegos, veciños da porta da nosa casa.

Vivimos nun contínuo sobresalto, no que os acontecementos de cada día nos van marcando “golpe a golpe”, pero o do xoves foi un mazazo brutal, so comparable co que supuxo a escala mundial o 11S co brutal derrubamento das torres xemelgas e o conseguinte asasinato de varios milleiros de persoas.

“O do xoves” trouxo consigo as conseguintes manifestacións de milleiros de persoas. Supoño que, coma min, era maioría a xente que por primeira vez na súa vida participaba nunha manifestación.

E “o do xoves” trouxo o do domingo, cun terremoto electoral que agardemos sexa para ben xa que ninguén o agardaba, nin siquiera os victoriosos nunhas eleccións alteradas traumáticamente.

Desde o xoves ata hoxe, luns, transcurriron pouco máis de 96 horas. Pero na realidade pasou moito máis tempo. Ou pasaron moitas máis cousas que nunha semana calquera.

Hoxe todos somos moito máis vellos que o pasado xoves. Ogallá que, como ocorre coa vellez natural, sexamos tamén todos moito máis sabios.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES