Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poema á Memoria Histórica

lunes, 24 de mayo de 2010
(Ao xuíz Garzón)

Non cavedes só na terra os que andades á memoria,
cavade tamén as fosas do ar alí están as almas os berros
lamentos maldicións agonías cantos pregos...
que se mesturan no tempo no vento a carón do mar
e se repiten nas ondas que van e veñen
traendo notas procesións desde o Alxibe saen en voces
a morte encirraba os seus bastardos
Tiros de escopetas se ouvían á alba
as balas dos fusís deron no branco
os demos ociosos non cavaban as fosas
A morte se adornaba de medallas chapas de gasosas e correas
xugos frechas escudos gorras soles negros e aguias de San Xoán
algúns dos seus verdugos vestían saias negras
ningún de pura raza
viñan en moto 666 escuadróns da morte e da noite
Apocalipse Capítulo 13 versículo 18
Capitán Trueno: Santiago e pecha España

Non cavedes só na terra os que andades á memoria,
cavade tamén as fosas do ar alí están as almas os berros
lamentos maldicións agonías cantos pregos...
Achade encontrade descubride observade localizade
os ósos nas fosas dentro das fosas ósos pequenos miúdos
baixo a terra non se oen os mortos as mortas
eles elas se agochan por fin no seu refuxio
as balas dos fusís deron no branco
aí alí ninguén os busca os buscaba lles preguntaba
non saben que nos deben a memoria dar a cara
os nomes e apelidos de quen os pechou alí de quen os meteu alí de quen os tirou alí
Tiros de escopetas se ouvían á alba
Os nomes dos verdugos aínda están gravados nas paredes
nas rúas nas casas nas fotos antigas en hospitais
medallas correas pistolas crucifixos botellas de viño e augardente
as almas das fosas no pole das rosas e margaridas se enterraron no ar
nas fosas do ar non se poden atopar
fuxiron das aguias que voaban nas bandeiras
que buscaban pétalos espallados da margarida
da rosa del dela de todos de todas
As balas dos fusís deron no branco
Apocalipse Capítulo 13 versículo 18
Capitán Trueno: Santiago e pecha España

Non cavedes só na terra os que andades á memoria,
cavade tamén as fosas do ar alí están as almas os berros
lamentos maldicións agonías cantos pregos...
Non cavedes o camiño do sol cara ao Oeste
berrade cantade chamade escoitade
cavade cos picos as fosas na terra nos amenceres escuros
tiros de escopetas se ouvían á alba
algúns verdugos vestían saias negras
as balas atravesaron a roupa até a carne branca branda
non petedes ás portas ao final da terra
talvez Cérbero durma e fuxan as almas
Cavade coma elas cavade coma eles mentres ollos asasinos os vixiaban
os cans lles ladraban bababan mexaban
A leite da lúa se bebía á alba
cavade na lúa das almas a casa abría as súas portas abrías á alba
Os Cancérbero ouveaba desde o Orco chamando as almas

Non cavedes só na terra os que andades á memoria,
cavade tamén as fosas do ar alí están as almas os berros
lamentos maldicións agonías cantos pregos...
Xogade cos picos bebede esas fontes as fontes da terra as fontes do ceo
Coidado cos cans que aínda hoxe ladran
Buscade nas tumbas estreitas pequenas onde só hai ósos e almas pechadas
Prendede eses cans que aínda hoxe ladran
buscádeos nas rúas buscade nas casas
buscade nas caras buscade fascistas a ver cando pagan
buscade nas rúas os nomes dos fachas
que aínda nos miran
que aínda nos matan
aínda nos deben os mortos de España
prendede eses cans que aínda hoxe ladran
os cans ladran lonxe van mortos de rabia
até nas igrexas ouvean e ladran
non queren os ósos dos republicanos
da Guerra e Posguerra franquista de España.
Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES