Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pano si Burka non

martes, 18 de mayo de 2010
Un estado laico ou non confesional, é unha entidade que non se identifica, como tal, con ningunha relixión. Pero iso non significa que estea contra delas, senón que ningunha delas pode ser asumida no ámbito institucional público porque considera que o Estado se debe a todo o pobo e polo tanto o cidadán debe rexerse unicamente por normas éticas universais e non estar sometido a crenzas particulares sempre discutibles fronte outras. Pero ocorre que as relixións non só existen no mundo, senón que tamén invaden os estados laicos, de xeito que nestes chega haber, en moitos casos, máis persoas confesionais en calquera das relixións que aconfesionais. Por elo reprimilas non é só que fose atentar contra o respecto ás liberdades que precisamente defenden os estados laicos, senón que sería como intentar poñerlle portas ao campo. Convivir con elas é, pois, unha necesidade.

A cuestión xurde cando algunha relixión mantén normas que atentan contra as liberdades das persoas ou entre os seus rituais proceden a actuacións opresivas ou mesmo inhumanas. Nestes casos, por suposto, non poden ter cabida nun estado laico, democrático, e deben ser perseguidas sen contemplacións.

Porén, coido que isto non ocorre no caso da maioría de simbolismos que utilizan as relixións e que non molestan máis que a quen non está habituado a velos ou ten animadversión á diferenza. Cando se normalizan ninguén se escandaliza. Miúda sorpresa levarase quen pisa por primeira vez un aeroporto londinense e vexa que lle pide a documentación un axente hindú co seu turbante cinguíndolle o pelo, ou unha musulmá coa testa cuberta cun pano, todos eles da seguridade inglesa. Pois así é.

O problema é cando baixo a desculpa de símbolos relixiosos ocúltase toda unha situación de escravitude da muller por parte do home. Entón a cousa resulta inadmisible. Por elo deben diferenciarse moi ben unhas vestimentas e outras, non vaia ser que a aceptación do pano islámico, fundamental tamén nas mulleres na nosa sociedade agraria tradicional, se proxecte no inaceptable burka.

O burka ben ser así como un cinto de castidade pero para todo o corpo. Ademais do peso que soporta a muller dun incómodo tecido que lle cubre dende a testa ata os pés, o seu amo fai que leve a cara totalmente cuberta cunha malla de fíos, que semella encerrar á muller nunha escura cárcere, co obxecto de invisibilizala para o resto dos mortais. Pero si os demais non poden verlles o rostro, tampouco elas poden visualizar ben o seu contorno. Os fíos que se entrecruzan nunha tupida rede, que apenas deixan pasar a luz solar, impídeno, e por riba as partes laterais están tapadas, por conseguinte perden unha visión máis panorámica da que gozamos todos os humanos. Deste xeito, ademais dun padecemento de opresión, incluso de tortura, constitúe un problema de saúde, que só por iso debería ser prohibida terminantemente polas institucións sanitarias, porque no transcurso dos anos a visión destas persoas tense que ver totalmente afectada.

Deste xeito, si o pano que cubre a cabeza das musulmanas ou das árabes, deixando a cara totalmente ao descuberto, é unha prenda utilizada como símbolo relixioso, como sinal de identidade étnica, como tradición cultural ou reivindicativo como contestación ou protesta contra a xenofobia, prohibila paréceme un acto de absurda represión que nada aporta á concepción democrática dese país, por outra parte, tan permisiva con outras actitudes machistas das súas propias poboacións.

Pola contra, o que non se pode consentir é o burka, e non polo subterfuxio de que non se lles poida identificar, senón porque é unha forma terrible de escravitude. Nun estado laico, democrático, debe estar prohibido radicalmente, e castigar aos seus homes, non ás mulleres, e non con multas senón con penas de prisión, como as ablacións.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES