Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os que logran saír

viernes, 21 de mayo de 2010
Nas drogas, é doado entrar, dise. Pero difícil saír. Non é imposible, pero moi difícil. Por eso, cando nunha familia aparece un caso de afección das drogas, os afectados póñense no peor entendendo que o máis probable é que a única saída que teña esa traxedia sexa a morte prematura do afectado.

Pero hai casos de curación, de deixar a droga, de desintoxicarse e a base de axuda e forza de vontade reintegrarse á sociedade e á vida diaria, ó mundo do traballo, á familia, á creación dunha familia propia, a ser un membro activo da engranaxe social.

Neso anda nestes tempos Carmen Avendaño, a nai coraxe da drogadicción galega, que ten gañado un papel imprescindible na nosa sociedade a forza de loitar contra dunha lacra que se cebou gravemente coa súa familia.

Carmen Avendaño, como presidenta de Érguete-Integración, ven de asinar un convenio coa Asociación de Empresarios de Mos e a Obra Social de Caixa Galicia para a contratación de ex-toxicómanos, na seguridade de que os que conseguen fuxir da droga teñen tanto interese na integración, que serán cumplidores estrictos no seu traballo.

Diante da dificultade doble que estas persoas atopan, pola natural resistencia dos empleadores e pola crise, a acción de Carmen Avendaño, que en tempos foi de loita frontal e valente contra os narcotraficantes, diríxese agora a proporcionar pequenas solucións persoais para os que conseguen fuxir da droga para que poidan reintegrarse á sociedade atopando un posto de traballo que lles permita "normalizar" as súas vidas.
É difícil a integración, pero os que conseguen sair da droga seguro que non consideran tan forte esa dificultade, despois de superada a barreira que tantas veces consideramos insalvable.

A sociedade ten -todos nós temos- o deber de concienciarnos neste tema, e axudar. Que o que consegue sair do inframundo da droga, ten todo o mundo e toda a vida por diante. Que non sexa a sociedade a que lle impida o retorno; que non sexamos todos nós o que de novo o empuxemos ó lugar inmundo do que consegueu saír.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES