Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Prieto Verdes, na 'familia de familias'

martes, 11 de mayo de 2010
Jos Prieto Verdes, na 'familia de familias' Un dos lemas que rexiu e animou a vida de José Prieto Verdes foi facer da súa Parroquia e da súa Diocese unha “familia de familias”.

Hacia esa meta camiñou dende a súa familia natal en Labrada (Abadín), onde naceu o 6 de agosto de 1957. Queda nesa familia outro sacerdote -Restituto- e unha consagrada Obreira da Cruz -Mari-: son o froito dunha vida familiar fondamente relixiosa e sacrificada.

Completada a súa formación no Seminario de Mondoñedo -desde 1940 a 1952- foi ordenado sacerdote no Congreso Eucarístico Internacional de Barcelona (maio de 1952), xunto con outros 18 compañeiros do seu curso, que constituían o grupo máis numeroso de ordenados na nosa Diocese.

O seu primeiro ministerio foi o de Administrador do Seminario (1952-58): un cargo especialmente traballoso naqueles anos, en que o Seminario de Mondoñedo estaba realizando as obras de reforma e ampliación, que o puxeran un pouco máis ao día. “No podemos menos de reconocer que nunca pagaremos al Seminario lo mucho que le debemos”, dicía el nunha carta circular. Continuou logo no Seminario outros tres anos (1958-61) como Director Espiritual, cambiando as inquedanzas económicas pola educación na fe e na causa misioneira.

Despois dun breve paréntese de dous anos de estudio na Universidade de Comillas, onde obtivo a Licenciatura en Dereito Canónico, volveu á Diocese para facerse cargo da “Domus Ecclesiae” de Ferrol, recén inaugurada, e da ensinanza de Relixión no Instituto Femenino. Quedáballe aínda nesta etapa outro campo que cultivar: a Administración Diocesana (1966-73), en que volveu a sentirse como promotor da “familia de familias”, tratando de responder ás súas urxencias e necesidades.

Por fin en 1973 empezou para el a derradeira aventura ”familiar”: a Parroquia do Carme en Ferrol. “Hoy mi único trabajo y mi única preocupación es la Parroquia”. Foron cinco anos de traballo pastoral, vivido en comuñón cos seus colaboradores: “consuela y reconforta haber visto cómo tal número de personas, con ideas tan distintas, hayan sabido unificar criterios para crear en la parroquia un clima de “familia”.
A enfermidade cardiovascular que viña padecendo, e a deformación facial, que lle dificultaba a fala, consumiron a súa vida aos 52 anos en abril de 1980.

Quédanos como recordo e estímulo neste Ano Sacerdotal o testemuño da súa vida, tal como o recollía a Folla Parroquial en decembro de 1980:
“Don José dedicó su vida, con una entrega sin límites, a trabajar por el Evangelio en bien de todos. Se acabó su vida terrena; pero ha dejado sembrada la semilla; ha abierto camino. Ahora nos toca a nosotros continuar trabajando para que esa semilla no quede estéril, para que ese camino se ensanche y se alargue, para que nuestra convivencia cristiana sea cada vez más -como él gustaba de resaltar- una gran familia de familias”
Os que agora pasamos por aquelas terras de Labrada, onde el naceu e onde está a súa sepultura, acordámonos do que el dicía cando estaba no Hospital sufrindo a súa agonía: “eu non penso, eu ofrezo!”
García Amor, Uxío
García Amor, Uxío


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES