Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E pur si muove

miércoles, 12 de mayo de 2010
A frase entrou na historia cando o científico condenado por herexe, refirmouse na súa postura de que a terra se movía arredor do sol. Aínda que todos cresen o contrario.

Gustaríanos poder aplicar esta ou outra similar frase á situación económica actual, agora que se nos ten dito que no primeiro trimestre do presente ano o producto interior bruto de España aumentou o 0,1% en relación co último trimestre de 2009, e despois de case dous anos de números negativos.

Despois do axuste pola tremenda que todos notamos nos últimos tempos a raiz do crak sufrido polo xeito de entender e vivir a economía, calquera boa noticia é unha noticia boa por mínima que resulte. En calquera outro momento un aumento así sería considerado un aumento “cero”, proba de inamovilidade da economía, pero nesta ocasión é diferente, e ese mínimo aumento é un aumento ó fin.

Os fundamentos que se busquen a este presunto repunte dependen de xeito especial de quen os utilice, e é un sinal positivo para o goberno que está ávido de boas noticias, é apenas unha anécdota para o primeiro partido da oposición, é froito das axudas para a compra de coches para reactivar a industria automobilística para algúns entendidos, e mesmo para outros moitos pode deberse á elevada compra de televisores diante da desaparición do sinal analóxico, ou ó adianto de operacións para escapar ó aumento de dous puntos no ive que imos experimentar a partir do próximo primeiro de xullo.

Conformarémonos con que esto se mova, cunha economía depauperada que loita por progresar a pesar de todos os pronósticos e as realidades en contra, e un mísero 0,1%, que é como dicir prácticamente nada, prodúcenos unha satisfacción desbordante.

Se a evolución se confirma nos próximos meses, será outro cantar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES