Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contra a hipocresía

miércoles, 05 de mayo de 2010
Que un home morra en folga de fame como ocorreu en Cuba no caso de Orlando Zapata, sen dúbida é un drama. Que o goberno cubano non fixese todo o necesario para a súa supervivencia, independentemente das consideracións sobre os seus motivos, pode que sexa unha neglixencia impropia, pero ao fin e ao cabo foi unha morte autoimpuesta dunha persoa que a tiña como obxectivo senón se cumprían os seus propósitos. Non facer nada para salvarlles a vida tamén ocorreu no Reino Unido, país dito democrático, no caso de varios membros do IRA mortos por folga de fame (dito sexa de paso coa ledicia de grande parte da poboación inglesa).

Pero por moi lamentable que fose o falecemento desta persoa por inanición, non é comparable cos asasinatos -estes si impostos e non desexados polas súas vítimas- polo governo de EEUU. Como o ametrallamiento de dezanove traballadores da información en Irak, ou como os incontables nenos, mulleres e civís inocentes masacrados neste país e en Afganistán, referíndonos unicamente ao máis actual e sen remontarnos a toda unha historia de aberracións humanas producidas por USA no mundo, e non só.

Son os EEUU, coa conformidade dos seus aliados europeos, quen deciden quen é democrático e quen non. Así, as mortes inxustas causadas polos soldados norteamericanos a diario nas guerras que impuxeron, son erros sen importancia e polo tanto non merecen, en tal caso, máis que un comentario banal e pasaxeiro nun pequeno recadro no interior dos seus controlados medios de comunicación, porque os asasinatos se son provocados por gobernos democráticos, e polo tanto polos bos, ao parecer son erros que carecen de importancia, fanse sen mala intención. Nada comparable coa morte dun cidadán dun país anatematizado por estes como malo, como o cubano, porque aí si que hai mala vontade. Entón, toda a maquinaria mediática, diplomática, manipuladora e axitadora, destes gobernos ponse en marcha para transmitir ao mundo o odio que eles senten cara este país que cometeu o grave delito de decidir ser el mesmo, sen pedirlle permiso a ninguén, e menos aínda ao seu imperial veciño.

Un puñado de disidentes cubanos presos: innecesario e malo. Árabes no campo de concentración de Guantánamo, irakis na execrable cárcecere de Abu Ghraib, os sinistros lugares clandestinos nos que a CIA encerra e tortura a quen quere na total impunidade: necesario e bo.

Por iso, o meu apoio total ás manifestacións a prol de Cuba, porque antes de copiar ás nosas autoproclamadas democracias, prefiro que siga sendo como é, aínda cos seus erros, pero ao menos non mata a tanta xente inocente, nin destrúe tantos países, nin fai sufrir a tantos pobos como quen a vilipendian e vanse de rosiñas.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES