Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A endémica deficiente comunicación de Galiza co resto do mundo

miércoles, 05 de mayo de 2010
A endmica deficiente comunicacin de Galiza co resto do mundo Ven a conto este artigo pola concepción de extremeira que temos os galegos da nosa Galiza. Esto é asi como consecuencia de sermos a esquina verde da Península Ibérica e a concepción centrípeta do Estado Español que olla todo desde Madrid (Por forza, perto de 4 milions de habitantes da Capital, pouco poden cós menos de tres da Galiza).

Mas a cualidade dos Governos e das Democracias, médense tamén polas medidas compensatorias, en razón a direitos de toda a cidadania que a suposta Democracia debe garantir.

Desde o ponto do vista do Mundo, Galiza ocupa un lugar estratéxico de paso entre a Europa do Norte, Africa e Ásia. Todo o tráfico marítimo pasa diante do noso naris. Só un governo realmente comprometido có Pais (Galiza) pode (e deve) tirar ventaxa da nosa situación xeográfica. O resto fará o que fixeron sempre: olhar para Madrid, con ese ar de consentimento manso, para ver que migallas se desprenden da toalla de mesa da Capital.

No caso da comunicación transcantábrica voltamos ver o mesmo fenómeno:
O PSOE non toma en consideración a necesidade de boas comunicacións de Galiza con Irun , por non ser para eles priroritario sendo favorecidas as comunicacións do Eixo Mediterraneo. O PP retoma a vella proposta do Alvarez Cascos como baza política de resuscitar o Plan Galicia de Aznar.

A oposición de Asturias a un AVE que cruce o seu territorio, pasando pola beira do mar é comprensíbel desde todo ponto de vista. Asturias ten levado unha política de posta en valor do seu Patrimonio Ambiental, que lle está a dar bos rendimentos, tanto económicos como en valor de sustentabilidade, e pode comunicarse con Irun via Leon sen necesidade de destrozar ambientalmente o seu territorio. É unha postura razoábel, tanto do ponto de vista ambiental como económica.

Desde ADEGA temos que dicer que as comunicacións do noso territorio, sendo imprescindíbeis, non deben ter un custo ambiental que implique a destrución irreversíbel de valores naturais que nunca mais se poderian repor. Polo tanto defendemos unha opción de transporte de velocidade suficiente, non necesariamente a de 300Km/h dun AVE se esto se fai a custo do esfarelamento dos valores naturais, Galegos, Asturianos, Cántabros ou alén.

A opción Asturiana é a de modificacion da liña do FEVE. Para nos, parece a de máis interese. Mas, tecnicamente, semella que non hai consenso acerca da oportunidade da transformación do FEVE en linña de Altas Prestacions, cunha velocidade de 160 km/h.
Segundo os informes da Xunta esta transformación non seria posivel sen facer garndes mudanzas na liña o que traeria tamén impactos ambientais grandes e custo económico importante.

As mudanzas na liña nunca serian da gravedade das que se necesitan para un AVE. Este tren exixe un trazado de curvatura de como mínimo 3000 ó 3500 m contra os 500 m como máximo nos convencionais.As pendentes tamén non deberan superar atá 3,5% o incluso el 4%. Tamén os túneles ten que ser muito mais anchos para non impedir os efectos aerodinámicos derivados do cruzamento de comboios a alta velocidade. Todo isto alastra un grande impacto ambiental destas liñas. Embora teñan sido aprovadas e recoñecidas no PEIT de 2004,en que o camiño de ferro absorvia o 42,8% do orzamento global, a liña transcantábrica presenta muitos inconvenientes ambientais que fan dela unha liña problemática. Por outra parte, a situación de crise actual non parece facer previsibel, nun horizonte próximo, que esta liña teña cualquer hipotese de ser implementada.

En ADEGA coincidimos coa opinión do Sr Buendia, titular de Medio Ambiente de Asturias, na valoración de que, sendo as comunicacións impresindíbeis no mundo da Movilidade Permanente, e Galiza sofre un endemismo crónico en materia de deficiencia no Caminho de Ferro, non “a calqueira precio”.

A sensatez, que é a máxima que rexe o ecoloxismo, dí que é prioritario o aproveitamento dos recursos existentes, a sua posta en valor, e a sua mellora. As interconexións ferroviarias son imprescindibeis para a vertebración da Galiza e para a posta en valor de seus portos. Comecemos polo facil e próximo non deixando esmorecer e derramar as liñas existentes. Modifiquemos estas no que faga falta para que o servizo sexa eficaz e rendibel e xa iremos valorando outras propostas mais arriscadas sempre na consideración de que a destrución ambiental non é reversíbel e tem um custo que permanece no tempo.
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES