Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡¡Silencio, por favor!!

lunes, 08 de marzo de 2004
O ano europeo das persoas con discapacidade pasou sen pena nin gloria. Moi boas intencións pero... O estado evidentemente fai un balance moi positivo, entendemos que será polo número de leis aprobadas. Non podo negarlles que sentín certa curiosidade ante estas Eleccións 2004, ¿haberá algún partido que nos honre co seu silencio? ¿que nos dirán agora os políticos? É incrible o torrente de palabras que escoitamos. Realmente gratificante se non fora pola nosa incredulidade crónica e porque xa temos superadas as fases de ilusión, de esperanza...

A sociedade debe saber que se aprobou unha Lei -máis ben parece unha condena- que permite a discriminación outros 17 anos. Por riba, aínda hai políticos que din que temos unha lexislación progresista á cabeza de Europa. O rexeitamento sistemático dalgún partido ante as emendas presentadas no debate da Lei, parece dar a entender que se reservaba para a campaña electoral. Agora intentan vendernos pactos de estado en materia de discapacidade. Resulta curioso escoitar esas propostas cando non podemos esquecer que a tan esperada “Lei de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal” resultou un simple texto declarativo por carecer dun réxime sancionador. Non se nos pode dicir que temos dereitos pero que vaiamos ós xulgados cando nos sintamos discriminados. Mesmo parece que se utilizan os colectivos desfavorecidos para dictar leis coma se dun deporte se tratara.

Non necesitamos máis palabras. Xa é suficiente. Agora necesitamos compromisos orzamentarios para evitar novas frustracións na próxima lexislatura. ¿Como se nos pode excluír dos dereitos que teñen o resto dos cidadáns? As políticas deber ir dirixidas a favorecer a vida independente das persoas con discapacidade, sen convertela nun parque temático con aventura garantida vaia onde vaia. Unha vez máis os políticos quedáronse curtos por non concretar e ser capaces de recoñecer o noso día a día. Como sabemos que as súas promesas electorais non son vinculantes. ¡Silencio, por favor!

Marisol Bravos López
Colectivo AndianteXá
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES