Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É de ben nacidos ser agradecidos

viernes, 30 de abril de 2010
 de ben nacidos ser agradecidos Do veciño sempre se aprende algo; ¡que sexa bo ou malo, iso é outro cantar! Aquí temos uns cantos amigos do noso Castroverde galego en visita conmemorativa ao Castro Verde de Portugal, con ocasión do III Acto da nosa Geminaçâo, nada menos que contemplando dous simbólicos “pata negra”.
 
¡Para agradecidos, os portugueses! Por ende, ben nados; e por iso lle agradeceron ao porco o seu sostemento secular, e incluso a riqueza comarcal, pois esa base tiveron ata que lles descubriron unha importantísima mina de cobre, no XX. Isto tráeme a memoria aquela reunión na taberna do Escardel (no noso Castroverde) na que discutían uns cazadores acerca de qué carne era máis saborosa, rifando entre si a favor do paspallás, da perdiz ou do faisán. Nisto, o señor Escardel, chamado a facer de árbitro como bo cociñeiro, canto exclamou foi o seguinte: ¡Ai se o porco voase!
 
Os madrileños, poño por caso, erixíronlle un monumento ao oso, estalicándose para coller a froita dun érbedo; e fixeron ben, pois a ocorrencia foi simbólica, atinada: eles facendo o oso, á beira do seu madroño, e sen outras preocupacións pois para vivir (como din agora os rapaces, de puta madre) chegoulles, sempre, cos trabucos recadados nas provincias. ¡Simbolicamente, o deles foi un agradecemento aos que inventaron iso de vexetar á sombra dos vexetais!
 
En media España, pero dun xeito especial na nosa Gallaecia o monumento xeral, xeneralizado, entendo que debía representar unha vaca e mais un porquiño, abeirados debaixo dun castiñeiro. ¿Por qué? Téñoo claro: Porque, esgotado aquilo do “maná”, a nosa Alma mater, a nosa Alma parens, estivo precisamente, fundamentalmente, na recolección e na conservación das castañas, no leite e na manteiga da vaquiña, e no aproveitamento xeral, total, do porquiño. Por algo lles chamaba “Irmáns”, afectuosamente, Isidro do Campo, de Montecubeiro, sentíndose agradecido, e iso que, estando de caseiro, os xamóns reservábaos o seu amo, aquel señor Manuel de Brais.
 
Témo-los brasóns dos nosos señoríos ateigados de aguias e de lobos, entre outras especies e símbolos, pero aínda non vin outra Praza do Pobo onde se renda homenaxe aos nosos nutrientes históricos fóra da alentexana. Quero pensar que non é, que non foi, por natural desagradecemento, senón, e máis ben, ¡porque o porco non voa!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES