Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

F.M.I. un goberno na sombra

viernes, 23 de abril de 2010
Desde o Preguntoiro: F.M.I. un goberno na sombra

O organismo de o Fondo Monetario Internacional (FMI), recomenda en España abaratar o despido e rebaixa dos soldos.

Xa está outra vez este puto “chiringuito” a votar a lingua a pastar. Fai uns meses con isto da gran crise, unha das medidas foi darlle recursos dun billón de dólares. Este organismo é un “moribundo” que queren facer revivir cando foi o causante desta desfeita no mundo impoñendo a súa política económica (política USA) en recortes de gastos sociais e privatización de empresas públicas e bancarias. Un “chiringuito” capitalista para xestionar as supostas axudas (negocios) dos países imperialistas que manexa os destinos globais. Tanto este organismo do FMI cómo o Banco Mundial son os vampiros que conduciron e están a conducir á miseria aos países do terceiro mundo, deixándoos secos das súas materias primas.

Todas as receitas que están dando ata o momento estes “vampiros” están hoxe moi cuestionadas, pero seguen erre que erre ata chegar a sacarnos os “sancomiños”. Son cómo “sacauntos”.

Tanto este organismo como o Banco Mundial, son gobernos na sombra que controla aos gobernos do mundo. Fan plans en secreto motivados por unha ideoloxía neoliberal salvaxe e non están abertos a razoamentos ou crítica, en resume, non son democráticos. Deixamos hai dúas décadas o raposo no galiñeiro e a súa voracidade está rematando coas galiñas. Todos estes raposos teñen nomes e apelidos.

O grande escritor Eduardo Galeano hai uns meses fixo unhas declaracións con certa ironía: “ el FMI decide el ritmo de las lluvias, la velocidad de las focas, la intensidad del amor de los amantes”, e fixo unha pregunta: ¿Cuántos países dirigen el FMI?. Cinco, y entre ellos, sobre todo uno, USA”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES