Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A idade da Xubilación

viernes, 23 de abril de 2010
O INCREMENTO DA IDADE DE XUBILACIÓN UNHA ALTERNATIVA INACEPTABLE

Resulta curioso que, co futuro do custo das pensións como fondo, unha das razóns de peso coas que se intenta xustificar a subida dos 65 aos 67 anos para acadar a xubilación, sexa que a esperanza de vida aumentou considerablemente e polo tanto os cidadáns deben adaptarse a esta circunstancia, equilibrando con ela os tempos de vida de xubilado, porque noutro caso parece como si as persoas quixesen vivir demasiado tempo ociosas.

Independentemente do relativo que é isto da esperanza de vida, pero aínda aceptando que subiu substancialmente para todos dende que se impuxeron os 65 anos como tope para a xubilación, o certo é que utilizar este argumento para ampliar o tempo de traballo contradice o obxectivo de liberación humana á que debe tender toda sociedad progresista.

Parece un pouco macabro iso de tratar de equilibrar os anos de xubilación coa esperanza de vida, cando o obxectivo de calquera sociedade moderna, desenvolvida, racional, debería ser o de conseguir a maior calidade de vida dos seus cidadáns, e esta, precisamente, vai relacionada coa nosa existencia fora do traballo obrigatorio. Precisamente os avances da humanidade deben coincidir con proporcionar máis posibilidades ás persoas de ser elas mesmas para poder facer o que queiran. Perseguir isto foi continua loita ao longo do tempo. O acortamento da xornada laboral, os descansos anuais, os asuetos dos fins de semana, a mesma redución da xubilación conseguida nalgúns países, o incremento dos períodos vacacionais ao longo do ano, etc... Foron conquistas dos traballadores que en tempos custaron sangue, suor e bagoas.
A introdución das novas tecnoloxías fixeron posible obter unha maior produtividade con menos traballo humano favorecendo, polo tanto, o “dereito a pereza” que non é outra cousa que o dereito do ser humano a gozar dun maior tempo libre para dedicalo ás cousas que máis lle satisfagan: a familia, os amigos, as distraccións, a unha utilidade libre, a súa dignificación persoal. Porque non é o traballo o que dignifica, nunha concepción propia de quen se aproveita do dos outros. O traballo, en tal caso, e unha necesidade para sobrevivir as persoas e os pobos pero, en xeral, o que facemos no tempo libre é o que verdadeiramente nos poder ser gratifcante, cando un pode dedicar a facer aquelo que realmente quere, aquelo que lle satisfai, aquelo que efectivamente lle realiza. Se nalgúns casos é o traballo profesional polas condicións especiais das súas tarefas pois que o siga facendo, pero liberdade para a inmensa maioría que non quere.
Deste xeito, parece lóxico, entón, que o incremento da esperanza de vida e o seu maior distanciamento da idade de xubilación, sexa un aliciente moi positivo para que, así, os xubilados poidan ampliar o seu goce por moito máis tempo o que lles permite, nada menos, que poder realizar proxectos de vida con maior seguridade de cumprilos, cousa pouco probable nunha limitación de anos máis curta.

Isto que sería o lóxico potenciar para un maior benestar dun Estado como o noso considerado dos avanzados da area da Europa occidental, resulta que non. Coa desculpa da quebra da seguridade social nuns próximos anos, en lugar de envorcarse en conseguir o maior emprego xuvenil posible, incorporar a moitas máis mulleres ao traballo, incrementar a produtividade das empresas, establecer un plan de axuda familiar para poder obter máis fillos e fillas con seguridade para eles e o seu futuro, e aínda se fose preciso, utilizar o IRPF por canto que, como unha das patas fundamentais do Benestar Social, ben pode financiarse como as outras tres. Prefiren a opción máis doada, a de amolar uns vellos sumándolle máis anos de traballo para que non vivan demasiado “ociosos”, porque os xubilados, en definitiva, non xeran PIB, máis ben son un gasto e unha perda de cartos para as arcas públicas. Na sociedade consumista na que viven non pagan a pena.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES