Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lagoa das Pontes

viernes, 05 de marzo de 2004
Nin serpente de verán nin promesa electoral. Eu quero crer que, efectivamente, AS PONTES vai ter unha grandísima lagoa que sulague os restos da explotación de Endesa, o mesmo que en Meirama a extracción de lignito vai orixinar no futuro a inundación da zona excavada.

Quizais o das Pontes é máis chamativo –para min, por afinidade, coñecemento e cercanía- xa que se trata de todo un pobo e unha comarca que se ben se viron beneficiados economicamente pola instalación dunha macroindustria no tempo do despegue económico, tamén se viron duramente afectados por agresións tan fortes como aquel olor a ovos podres (sulfhídrico) dos anos setenta, as colleitas frutais queimadas ata ben lonxe, ou a permanente nube de fume que seica chegaba ata os países nórdicos.

Eu quero crer na futura lagoa das Pontes, en parte porque As Pontes o merece, pero tamén porque unha parte da excavación mineira nestes momentos xa está cuberta por terra vexetal e reposta a paisaxe inicial dentro do que cabe.

Benvida sexa esa futura lagoa -¿orixinará cambios no clima?- porque As Pontes vai ter que buscarse a vida cando remate o seu periplo industrial, e esta superficie líquida pode influir de xeito moi importante no seu futuro.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES