Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cantigas e agarimos queda sen local

martes, 20 de abril de 2010
Vai na natureza humana querer ser aceptado (admirado, inda mellor), e un bó xeito é estar entre os mellores, formar parte deles dalgún xeito: Estar no mellor colexio, formar parte da mellor empresa, ser sócio do mellor equipo...
Cando eu era xá non tan pequena, na adolescência, devecía por estar en Cantigas e Agarimos; o mellor grupo folclórico de Santiago e, naquél momento, tamén de Galicia (non é que agora non o sexa, só que non son eu quen para dicir qué posto ocupa no ránking. Pero esse soño non podía cumplirse naquel momento. Despois, por esas estranas carambolas nas que eres a bola branca, integréime noutro grupo de baile e música tradicionais co mesmo xeito de traballo que Cantigas, baseado no traballo de investigación, recuperación e difusión da cultura popular nos eidos da música, o baile, o canto e o vestiario. A rivalidade entre os grupos dedicados a este labor vem de vello, pero, persoalmente, asistín e vivín sempre esceas de complicidade, simpatia e cordialidade entre os membros dos distintos grupos, e o meu próprio sentimento nunca foi o de rivalidade, senón o de camaradería. Penso que estamos todos no mesmo barco: Cando as cousas van bem, hai peixe para todos; cando van mal, hai que repartir e axudarse. E o que nunca debe faltar entre xente noble: o respecto e o recoñecemento das cousas bem feitas.
Case cen anos leva Cantigas e Agarimos educando vocês, restaurando traxes sacados dos carcomidos arcóns, recompoñendo bailes desmembrados entre a memória dos mais vellos das aldeãs e lugares, recuperando sons casi esquecidos. Cultura inmaterial, historia material, tan pouco considerada, tan pouco coidada pólas institucións gardianas do noso patrimônio histórico, étnico e cultural.
Non deixa de estranarme que tendo tanto êxito a novela histórica, as películas que recrean os ambientes e costumes doutras civilizacións e doutros tempos, de pobos xá desaparecidos, de culturas mortas, non só ó que atingue ás clases aristocráticas, senón, e cada vez mais, a tódolos estamentos sociais que as compoñían. E interesa todo: Seus ritos: de nacemento, de presentación em sociedade, de casamento, de curacións, de guerra, de morte; seu vestiário, a súa alimentación, as crenzas, as normas de convivência, os festexos, os xoguetes, os utensílios de todo tipo, seus cantos, sua música, seus bailes... – popularizándose tanto este tipo de narracións, espectáculos e recreación de ambientes, sorprende o pouco interesse que amosan as institucións culturais, os órganos políticos relacionados côa cultura, cando a nível popular si que tem tirón calquera mostra das manifestacións artísticas populares nos eidos musical, de vestiário, de danza, de canto.
Cantigas e Agarimos, como POUCOS grupos na Galiza, ven non só facendo este traballo de investigación etnográfica (coñecer qué bailes se bailaba em cada pobo, aldeã, lugar; qué representaban, em qué ocasións se bailaba, com qué instrumentos, com qué música, quén tocaba e quen bailaba, cómo se vestían, qué comían, canto tempo adicaban...), senón, ademais traslada esta investigación a um espectáculo no que escenifica o recollido, e o presenta como um dos mais sobranceiros signos da nosa identidade: música, canto –coas moitas peculiaridades em canto ó contido e á forma dos versos-, vestiário, danza, xogos....
Pero a ponderación do traballo deste grupo e dos que traballan como él tem poucos defensores nesta terra. Agora que coñecemos algo mellor outros países da Europa da que somos parte, sabemos tamén algo mais do folclore dos países do vello continente, e do trato que reciben pólas respectivas Administracións, e fácilmente podemos comprobar varias diferenzas:
- Ningún país tem a riqueza e variedade que temos nós
- Ningún país tem tan pouca estima pólo patrimônio cultural folclórico coma o nosso
- Calquer persoeiro, do eido que sexa (político, cultural, deportivo, social...) doutro país tem a gala levar as vestimentas tradicionais em tódalas ocasións que se preste, salientablemente, em festas e celebracións, públicas e privadas.
Aqui, parece que inda hai moito camiño por percorrer ata acadar ese nível de orgullo pólo herdado.
E así estamos
A piques de botarlle a tranca a unha agrupación que leva traballado a prol da cultura tradicional, do folclore, durante 90 anos.
Cantigas fundóuse em 1921. Dendê 1958 ocupa um local em réxime de alugueiro na rua da Algalia. E este ano, concretamente o 31 de agosto, tem que deixar o local.
Cantigas e Agarimos, ó igual que os outros grupos de Santiago que fan o mesmo tipo de traballo, non recibe subvención nengunha pólo feito de seren os colectivos que investigan e son depositarios deste patrimônio cultural. Os ingresos proceden das actuacións, tamén, dendê hai uns anos, da Escola de baile e música, e das subvencións que solicitan en igualdade de condicións que outras asociacións culturais.
Pólo local de Cantigas e Agarimos pasaron xeracións de compostelanos –e non compostelanos- que aprenderon a tocar, a cantar, a bailar, a distinguir unha basquiña dun mantelo, um pucho dun chapéu. Centos de persoas que deixaron moi alto o pabellón galego ali onde foron, fose noutras plazas da península, ou notros lugares do mundo. Cantigas e Agarimos deu a coñecer Galícia em lugares tan afastados da nosa terra como é o Xapón, e amosóu a nosa historia, o que facían os nosos devanceiros. Pintaron as esceas de Soutomayor e Sobrino aqui e ali, sem disfrazarse côas roupas doutros pobos, sem cambiar a gaita galega póla doutras terras. Foron côa nosa herdanza vestidos de galegos, tocando instrumentos galegos, bailando como bailaban nosos tataravós, E TRIUNFARON, e triunfan ali onde van.
A cuestión que presento aqui é. ¿Poderán seguir con este traballo?. Bótanos do local que ocupan dende 1958, sen alternativa. Deben buscar un espazo onde poder ensaiar (tódalas tardes, ata as 23.00, xa que teñen escola de baile e música. Obviamente, un espazo amplio no que poder ensaiar sen esbarar, sen tropezar, sen molestar á vecindade; un local onde poder gardar o seu valiosísimo patrimonio material (vestiario, trofeos, aderezos, fotos, arquitos…) un local onde levar a cabo e manter a xestión administrativa precisa para o funcionamento da asociación.
Hai poucos locales axeitados, e os que hai, piden sumas imposibles de acadar para unha asociación cultural sen ánimo de lucro, que mantén a escola de baile e música precisamente para os gastos corrientes e para ter “canteira” e procurar que este decano do folclore siga existindo.
Dende estes párrafos quero chamar a atención de institucións, empresas, asociacións e particulares que queiran apoiar a continuidade de CANTIGAS E AGARIMOS côas fórmulas que cada quen poida aportar: Cicáis a alianza de vários empresários poida resolver o tema do local. Cicáis unha cuestación popular poida axudar a enfrentarse os gastos que comporte habilitar unha nova sé social; cicáis as administracións (Concello, Xunta, Deputación...) poidan facilitar um local em réxime de cesión gratuita, en precário, ou semplemente ex profeso para esta asociación, decana de Santiago de Compostela e de claro interes cultural.

Chamo dendê aqui ás conciencias de todos os nomeados e de tódalas persoas, institucións, organismos e empresas non nomeadas para que respalden e axuden a que CANTIGAS E AGARIMOS teña um novo local social digno, dendê o que seguir traballando a prol da cultura tradicional galega, ofrecendo uns espectáculos que xá para si quixeran os mellores grupos de calquera pais europeo... e moito mais dos non europeos.
Vai sendo hora de valorar o que temos, e coidalo.
¡ANIMO, CANTIGAS E AGARIMOS!.
Peleteiro, Susana
Peleteiro, Susana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES