Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asistencia interfronteiriza

lunes, 12 de abril de 2010
Poucas veces a fronteira entre Galicia e Portugal foi máis inexistente que estes últimos días nos que os veciños de Valença do Miño acuden a Tui para obter asistencia sanitaria urxente.

De sempre, aínda cando a fronteira existía como tal, os galegos pasábamos ó norte de Portugal coa tentación de mercar café -que en tempos viña das colonias portuguesas-, viño de Oporto ou toallas ó peso.

Había daquela cadansúa alfándega, pola que había que pasar e someterse a inspeccións que case sempre eran tremendamente benévolas.

Caíron as barreiras, e seguimos pasando a Portugal de compras a Valença, de visita gastronómica a..., e se as vacacións o permitían, a Oporto, Coimbra ou Lisboa.

Xa se pasaba directamente sen pasar por alfándega, non había necesidade da Carta Verde, os portugueses viñan a Tui mercar gasolina, e Portugal era como unha ampliación da nosa casa; é unha ampliación da nosa casa galega.

E agora, de repente, a finais de marzo, os veciños portugueses de Valença do Miño reciben a sorpresa desagradable de que se suprime o servicio de Urxencias que as vintecatro horas do día recibía o nome de Servicio de Atención Permanente. E os de Valença descobren que Tui segue estando moi preto, que alí a atención poden recibila durante todo o día e toda a noite, e non aceptan as solucións da sanidade portuguesa de acudir a outros puntos de atención no veciño país, e prefiren a sanidade galega, enchendo de paso de bandeiras españolas os balcóns do seu pobo.

O goberno portugués prentende racionalizar os servicios médicos e os seus custos, entre outras moitas medidas dun plan de austeridade emprendido recentemente. Pero esto é difícil de entender polos que tiveron un servicio de atención que agora desaparece, e poden cruzar a inexistente fronteira para seguir disfrutando da seguridade perdida.

Que cada vez hai menos barreiras entre nacións, é seguro e sabido. Pero casos coma este son o mellor exemplo de que, como sempre se dixo entre a nosa xente, “toda a terra é país”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES