Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Martiño, Fito no Camino

viernes, 09 de abril de 2010
O pasado domingo, día 4 de abril, chegou á basílica de San Martiño un grupo de camiñantes que de xeito alegórico encetaban a que se divulga como posible desviación hacia a vella catedral do traxecto trazado oficialmente como percorrido na nosa bisbarra no Camino Norte que leva a Compostela: os andaríns, desta vez, procedían de Mondoñedo. Chegados a Ribadeo os peregrinos teñen duas opcións: seguir polo interior cara a Mondoñedo, o trazado recoñecido oficialmente, ou ben tomar a ruta pola beiramar para, dende a Espiñeira, chegar ás portas do histórico cenobio focego. Ninguén dubida do atractivo que para o viandante ten a posibilidade de marchar mesmo pegadiño ás fermosas praias do litoral mariñao, ó longo do que existen numerosos servicios hosteleiros e de todo tipo para atender os posibles imprevistos que podan xurdir no decorrer da súa andaina.

Por outra parte é evidente que informar ós camiñantes do doado que é plantarse, con unha mínima desviación marítima, na histórica e singular xoia do pre-románico galego, do que é exemprar único, equivale a enriquecer o propio Camiño, feito que sen dubida os visitantes, maioritariamente, serán quen de valorar, pois poderán disfrutar, acaso para a súa sorpresa, da contemplación daquelas vellas pedras das que Cunqueiro dixera que “paracen labradas por mans imposibles”, pois faise verdade a frase de Ruskin según a cal “nas catedrais os anxos poñían a súa man nunha voluta ou nun capitel para expresar dun modo admirable algún misterio. “Quizais aquí -engade o ilustre escritor- anxos cantores diron leccións ós que labraron iste templo”.

É sabido que San Martiño foi, en tempos, paso de peregrinos e que contaba con hospital para a atención dos mesmos: vellos documentos existen nos que, con nomes e apelidos, figura relación de camiñantes extranxeiros que aquí morreron e foron soterrados.

Botando man destes, e doutros precedentes históricos, a asociación Abrindo Camiño, botou sobre o lombo o traballo de reivindicar e potenciar a actualización da primitiva catedral mindoniense como un dos fitos mais interesantes do Camiño Norte.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES