Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Turbamulta no Concello de Vilagarcía

lunes, 05 de abril de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: TURBAMULTA NO CONCELLO DE VILAGARCÍA

Uns días atrás houbo un vira-vira mediático entre o concelleiro e portavoz Juan Fajardo de IU e o goberno bipartito do Concello de Vilagarcía. A contestación do bipartito foi de rabecha e con moito sarcasmo. A crítica vertida por o Sr. Fajardo foi sobre a suposta dimisión dunha concelleira.

Hai secretos que se din a berros e se escoitan ata nos sumidoiros xa que por fontes moi achegadas a esa Casa Consistorial tamén eu tiven coñecemento desa suposta dimisión. Cando o río sona auga leva. Non digamos da “vox pópuli” que está comentando que algúns membros do goberno PSOE lévanse como o can e o gato.

Entre moitas “flores” que lle guindaron a Juan Fajardo, quedo con dúas que chegou a alporizarme un pouco a sangue: “Juan Pinza” e “Juan Anguita”. Imos por partes: Se mo dixeran a min a segunda “flor”, non o tomaría como un insulto, sería un eloxio. Coido que entre todos os que gobernan o Concello ningún lle chega á altura dos tacóns (incluído eu persoalmente) a Julio Anguita, pola súa cultura, honestidade, ética, honradez, un político incorrupto e unha grande persoa. O digo por activa, por ter o honor de coñecelo persoalmente, antes de rapaces no Colexio “O Divino Maestro”en Vilaxoán e logo como político.

Lles vou a dicir por si non o saben que, a única “Pinza” está xa fai moito tempo incrustada entre o PSOE e o PP. Lles conto: Nos últimos cinco anos no Parlamento Europeo, dun total de 6.149 votacións, populares e “socialistas” puxéronse de acordo en 4. 286, a maioría en políticas neoliberais.

Hai uns días o PP e o PSOE votaron conxuntamente en non trocar a Lei Electoral, un cambio frustrado. PSOE e PP contra todos no desbloqueo do TC. A Lei do Código Penal, unidos por ese odio-amor. A reforma fiscal a Crise económica e o rescate da Banca, os dous partidos a bicos e apertas. A Lei do Laicismo votada abaixo polos dous partidos.

A Lei de Xustiza Universal, unha vergoña cara o mundo, votada conxuntamente o 25 de xuño de 2009, declarado este día por Amnistía Internacional como: “día de luto”. Estas son as verdadeiras “pinzas” que repercuten negativamente na maioría dos cidadáns e traballadores. Paro de contar por falla de espazo. Sr. Marcelino, sen ningunha acritude, lle podo comentar máis “pinzas” persoalmente en calquera intre que teña a ven, por si Vd. non se lembra.

Moitas veces a imaxinación interesada ou perturbada, contribúe á deformación da realidade e supón como real o que soamente existe na imaxinación. A mentira vale mentres a verdade non se impoña.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES