Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Felices Pascuas de Resurrección!

lunes, 05 de abril de 2010
Para todos e para todas! Para crentes e para os que cren non selo. Para os católicos, os demais cristiáns e para os fieis de todas as relixións e crenzas que aniñan no mundo.A todos e a todas chegan as consecuencias e froitos da resurrección do Cristo Resucitado. Saibámolo ou non, Deus veu ao mundo, no seu Fillo, para salvarnos (liberarnos) a todos. Sen limitacións, excepcións e exclusións.

Para todas e todos vai tamén, xa que logo, o anuncio, sempre novo e gozoso, da Pascua cristiá, prefigurada, de vello, no pobo de Israel onde se encarnou Deus, en Xesús. A mellor e meirande Boa Nova de todos os tempos para o mundo: que Cristo, crucificado e morto, foi resucitado por Deus!...E segue vivo, presente e activo en todos nós cando somos quen de acollelo e de vivir conforme ao seu Espírito. E acollemos ao irmán!

Porque Cristo resucitou, a dignificación da persoa humana e dos seus dereitos renacen por enriba da presenza das cruces e das traizóns. Coa forza do Resucitado dentro de nós hai azos para pór paz onde hai violencia, esperanza onde o desespero, vida onde reina a morte, amor onde hai odio, transparencia onde domina a corrupción, luz ledicia no canto das tebras e as tristuras. O Cristo Resucitado é a Esperanza e o Futuro da Humanidade

Se queremos atopar ao Cristo da Vida e a súa forza transformadora da sociedade actual, temos de buscalo alí onde o Resucitado é Centro da Vida e hai grupos e comunidades de persoas comprometidas co seu Evanxeo. Garantíunolo o Señor: “onde estean dos ou tres reunidos, no meu nome, alí estou Eu”Así o entenderon e viviron, en plenitude, as primeiras comunidades cristiás polo que vivían unidos e ledos fortalecidos polo amor e a fraternidade. Como irmáns, onde ninguén se sente forasteiro. A única lei do Señor é o Amor!

A Pascua é unha aposta e unha clara chamada á fidelidade e coherencia aos membros das igrexas. Sobre todo,das cristiás (seguidoras de Cristo!) actualmente enfrontadas (dentro e fóra das súas propias comunidades) en absurdas pelexas e baleiradas do amor a Cristo e aos irmáns. Cristo Resucitado é o noso Garante e Valedor da revolta da esperanza ao mundo. Por iso, amigos e irmáns, Felices Pascuas para todos e para todas!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES