Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xesús Alonso Montero, Doutor Honoris Causa

martes, 30 de marzo de 2010
Desde o Preguntoiro: Xesús Alonso Montero, Doutor Honoris Causa

O catedrático de Literatura Galega Xesús Alonso Montero, foi investido o día 23 de marzo en Madrid doutor honoris causa pola universidade da UNED. Alonso Montero é académico da Real Academia Galega, catedrático emérito de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, erudito, polígrafo e ensaísta.

Desde esta tribuna o quero felicitar con moito agarimo por este nomeamento que o ten moi merecido, por toda a súa traxectoria ao longo da súa vida, en especial a defensa de Galicia, o noso idioma, a difusión da nosa cultura sempre desde un compromiso social e político.

Non teño a menor dúbida de que Xesús é nestes intres un dos poucos referentes que teño da miña xeración. Un referente de compromiso coa liberdade naqueles tempos de “a longa noite de pedra”. É un exemplo de pertencer a aqueles que xamais se someteron a aquel réxime destrutivo, fascista e ditatorial.

Xunto co Mestre Borobó teño compartido centos de horas, falando a esgalla de todo o devir político e histórico da nosa Galicia. Eu de oínte como un alumno ante estes dous grandes Mestres, como ten que ser.

De toda a súa abondosa literatura, sempre teño como norte aquel libro que publicou en 1974 “Pedro Petouto”, por mor de que Xesús Alonso ten moito con ese personaxe que saíu da súa pluma, onde fala dun mestre subversivo, comunista, cunha postura solidaria coa clase máis desfavorecida da sociedade.

Hai tres persoeiros que nunca esquecerei que me marcaron mentres viva: Raimundo García “Borobó”, Xesús Alonso Montero e Santiago Álvarez. De cada un deles recollín os exemplos de autenticidade, coherencia, ética, humanidade e ante todo amor por Galicia.

O que máis sinto nestes intres foi o non poder cumprir coa súa invitación a estar no seu nomeamento honoris causa en Madrid, os problemas laborais mo impediron. Porén, Xesús sabe que estiven con el a pesar da distancia.

Os meus parabéns Xesús.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES