Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Mediocrium Cum Laude'

martes, 16 de marzo de 2010
DESDE O PREGUNTOIRO: “Mediocrium Cum Laude”

Neste país estamos aos límites do simplismo con esta abondosa e perigosa mediocridade en tódolos eidos da sociedade. Esta mediocridade en política está moi acentuada, sendo o máis preocupante cando o vemos como normal. Peor aínda, cando algúns políticos “listillos” consenten tal estatus tan só para o seu propio beneficio, sendo máis contaxiosa esa “mediocridade de intereses” que o talento de ser capaz de usar a imaxinación para o ben dun pobo.

E nós os cidadáns, permitimos que esta clase política xogue cos nosos sentimentos, cos nosos destinos e os das vindeiras xeracións a costa dos nosos impostos. ¿Cómo é posible que día tras día o goberno e a oposición maioritaria rematen sempre a trompadas dialécticas con aquilo de: “eu si, pero ti máis”?. Logo os ves a bicos e abrazos votando no parlamento conxuntamente.

Pode ser posible que permitamos campañas electorais onde nos tratan por idiotas e menores de idade, cando o PP e o PSOE nas súas cantarelas deses mitins aburridos e baldeiros de contido onde berran: ¡nós somos os mellores!; como se eles foran os únicos partidos deste país. Xamais consentiran estes dúas formacións políticas que se reforme a lei electoral aínda que chegue este país á mediocridade infinita.

Fabricaron uns alicerces cunha capacidade mediática e cada vez máis perfeccionada, para contarnos ren. ¿Cómo permitimos que toda participación cidadán na política sexa só as votacións?. Iso é macelar e esnaquizar moi interesadamente a democracia.

Esta mediocridade política con o bipartidismo actual, é o mellor caldo de cultivo para que se desenrolen oligarquías económicas e políticas interesadas como as actuais e se acepte a corrupción como un fenómeno natural. Só será neutralizada esta “Mediocrium Cun Laude”, cando ao seu arredor haxa unha sociedade libre, culta e crítica con capacidade de cuestionar, onde hoxe para eles iso xa non se estila ¡ prohibido argumentar!.

O médico,sociólogo e filósofo arxentino José Ingenieros, no seu libro “El hombre mediocre” que publicou en 1913 atópase unha cita moi interesante, comenta: “Cuando la mediocracia encuba pollipavos, no tienen atmósfera los aguiluchos”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES