Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Panem et circenses…

lunes, 15 de marzo de 2010
Non se alarmen, amigos, que nin estou plaxiando nin descubrín a pólvora. Xa sei que o constatou Juvenal nunha das súas sátiras, pero…, ¡os de Lugo somos así, romanos empedernidos! Hoxe habería que traducilo por: fútbol, touros, concursos da tele… O caso é que, ¡xa non hai trigais no noso Flammoso, polo que ningún emperador nos pode obsequiar cun boliño daqueles nosos! Fóronse os trigais, mais viñeron os piñeiros, así que, a falta de pan, piñas! O que nos queda, restaurados incluso, é un rosario de muíños; ¡de muíños e de muiñeiras, a cal máis bela!
 
¡Que estamos en crise, e daquela non é de bo gusto chancearse? ¡Precisamente por iso pedimos pan, pan a granel, o de cada día…! Tamén o dixo aquel célebre paisano, aquel que procedía de Cervantes: “Amigo Sancho, los duelos con pan son menos!”. O problema está en que nos levaron á presente crise, maiormente, aqueles que gañaban o pan, non coa suor da súa fronte, senón…, coa dos de enfronte! Este ano, que vén o Papa a Santiago, vai ser cousa de propoñerlle outra petición, que intercale unha transitoria no Pater Noster: “Fai, Señor, que baleiren o diñeiro negro eses especuladores que Ti tan ben coñeces, eses que tanto se acollen ao palio, pois, de ben repartido, comeremos todos; e perdoarémoslles…, por esta vez!”.
 
¿O do circo? ¡Iso non fai falla pedilo, que non hai emperador, non hai político, que non faga os posibles para proporcionárnolo…, e menos mal que as eleccións son de catro en catro anos, pois, de ser anuais, o mellor era montar unha fábrica de bombos, e outra de bombóns!
 
¿Que isto, esta alocución tan curtiña, non é un artigo senón un epigrama? ¡Se a lera quen a merece, agora que estamos na Coresma, indulxencia plenaria…, para todos!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES