Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fontes de augas fecais

martes, 09 de marzo de 2010
Fontes de augas fecais En Lugo, señoras e señores, en canto pingan catro gotas rebentan as alcantarillas (os sumidoiros). Rebentan sen remisión. A culpa é da pertinaz augada que nos cae. A choiva do ceo, tozuda, non sabe de calibres nin do que non se ve. A choiva é cega, só cae e aburata por onde mellor lle cadra.
En Lugo, cando chove, xorden pola Rúa da Rocha, en Paradia, polo Camiño do Miño e por moitas outras partes fontes de augas fecais.
Augas cheirosas, augas contextualizadas, augas de aliviadoiro, augas de restos orgánicos. Augas primorosas.
Fontes coxunturais que van facendo regos (con todo o que levan en mistura) ata deitar no Río Rato e despois ó Miño, ou a este último, directamente.
Áo Parque de Paradai, estes días de choiva, báñano uns regos procelosos nacentes da fonte fecal que brota con xuvenís enerxías polo burato dun sumidoiro da Rúa da Rocha. Os regos non son de auga crara (por iso son fecais) pero son regos que furan nas herbas deixando unha estea de trapos, baratillos e outros restos das nosas humanidades.
Cando en Lugo rebentan as alcantarillas, os sumidoiros, (cada vegada que chove acontece) nacen fontes e, por elas, pola súa auga brotada, case se sabe o que comemos e canto, e o que guindamos polos retretes.
En Lugo, señoras e señores, non temos secretos.
Arrecian unhas gotas ou alguén se pón a revolver e móvese do seu lugar unhas grandes confusión. En todos os sentidos.
Vin as fontes fecais que brotan. Olleinas, como se ven nas fotografías, e viñeronme á cabeza os poemas a Lara, do Doutor Zhivago. O malo é que non me lembro da letra, nin da música. Están en ruso. Non sei traducilos. Nin sei ruso. Ou seña: ¡non sei!.
Paralelismos que non veñen a nada.
Toda a culpa tena “la pertinaz lluvia”.
É que nos afoga, señoras y señores. Nos afoga y nos desmelindra denden hai anos.
Onda a porta da Muralla vou mirar se vexo a un espírito romano. Eles tamén construían os seus condutos, canles soterrados; os seus desagües. Tamén tiñan as súas eivas; as súas imperfección, pero ó mellor, o tal romano ensoñado, dame algún dato para que non rebenten os sumidoiros de máis recén de Lugo, cada vez que caen catro goteiras grosas.
Sinceiramente, vendo as fotografías (que non dán ulido) ¡tan feo non queda! ¿Ou si?.
Eu que sei. As fotos dino todo... en Paradai, no Rio Rato; no Miño. É dicir, en Lugo sacramentado.

O chorar do Río Rato
No verán pido que chova,
que polo inverno non quero,
que sendo río pequeno
devezo por auga crara
e non a merda que levo.

Xa non canto, xa non bailo,
nin estrebillo aloleilos,
Es que señoras, señores...
¡miren mis lombos, señores,
estes días de febreiro!

Ailoleilo, ailoleilo, ailoleilo
¡Ai...! ... ailo...¡ai!, le...lo.
Devezo por auga crara
e non a merda que levo.
¡Ai...! ... ailo...lelo... ¡ai!

Preparome para o enterro,
estou se vou ou me quedo,
¡ai!, vivo farto de veleno.
Miren por min, miren, xentes,
que son un rego pequeno.

Son o Rato, raparigos.
¿Qué culpa vos teño eu
se engarzo directo ó Miño?
E cando lle levo moito,
polas noites, discutimos.

O Miño vai moi cargado,
de porcallada e de lixo.
Por iso rifamos tanto,
en portugués e galego.
¡Ai!...ai lo... lelo, ¡ai, lolelo.

Cando me ve, xa me dí:
¿Sempre alombando co mesmo?
¿Non ves que levo morralla,
mil trapalladas de limos?.
¡Por favor tráema crara!.

Eu baixo a cabeza e calo,
disumulo canto podo.
Empolome nunha gaia.
Avergoñado e tristeiro,
nin lle contesto palabra.

¡Ai!...lelelo, ¡ai!...lalala
¡Ai!...que choro coma un neno,
que berro coma un rapas.
¡A!... que cheirumes que teño
¡non podo vivir en paz!.

Estou se vou ou me quedo,
tanto estropicio de augas
tenme parado os sentidos
¡Non teño culpa de nada!
¡Non quero rifar co Miño!

Ailoleilo, ailoleilo, ailoleilo
¡Ai...! ... ai, lo...¡ai!, lole...lo.
Devezo por auga crara
e non a merda que levo.
¡Ai...! ... ai, lo... lelo... ¡ai! lola.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES