Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai de vampiros: Amanecer

jueves, 04 de marzo de 2010
Cando chegou ás miñas mans Amanecer, o cuarto libro da saga Crepúsculo, de 826 páxinas, obra de Stephenie Meyer, comprobei que o matrimonio de vampiros formado por Edward Cullen e a neófita Bella Swan acada o cumio da súa relación amorosa. Aquí esa relación a priori prohibida, logo de ir a máis nos volumes de Luna Nueva e Eclipse, acolle un acontecemento insólito. Antes de convertirse en vampira, Bella fica, contra todo pronóstico, embarazada do vampiro e teñen unha filla, Renesmee. Nin o propio Edward nin o resto da familia Cullen (agás Rosalie), nin por suposto os licántropos, ven con bos ollos este feito, que pode custarlle a vida á humana e que está vencellado ao medo provocado en séculos anteriores polos nenos inmortais. Lembremos unha cita que di: ‘Edward había llamado "cosa" a mi pequeño "pateador". Y decía que Carlisle me lo sacaría’.
A través de Irina, outra vampira, o aquelarre dos Vulturis sabe da existencia da nena e acoden con todo o exército para facer pagar caro aos Cullen ese quebranto da lei que non foi tal, xa que a nena foi concibida sendo Bella humana, e tendo polo tanto, unha parte inmortal (do pai) e outra mortal (da nai). É semihumana. É o que ten a literatura fantástica… Un agasallo para a familia Cullen que engaiola a todo aquel que a ve, xa que se trata dun ser moi especial. Nada máis coñecela, todos os que visitan o fogar quedan namorados. Cómpre engadir que, grazas ás pescudas de Alice de casos semellantes na súa especie, poden presentar diante dos Vulturis a Nahuel, e facer comprender así ao aquelarre de Volterra que a filla de Edward e Bella non supón ningún perigo para os da súa especie, polo que a loita que todos agardan non se produce. Renesmee, ‘imprimada’ por Jake, sálvase e non ten que marchar con el deixando os seus pais, pois eles tampouco celebran, alomenos ao comezo, esa relación co licántropo.
Nesta entrega da saga, que pecha o ciclo, o amor eterno que se anunciaba en Crepúsculo é máis forte ca nunca. Todo ten un final feliz, para acabar a novela cun esforzo de Bella (grazas aos ensaios feitos coa vampira Zafrina), que lle vai permitir a Edward coñecer o pensamento da súa amada a través dos recordos que ten da súa vida humana e da nova existencia. Pon as mans sobre a cara do seu vampiro e mantén o seu escudo afastado, compartindo con el as mellores lembranzas: ‘tenía recuerdos mucho más agudos y perfectamente definidos: su rostro nada más abrir los ojos a la nueva vida, al amanecer interminable de la inmortalidad, aquel primer beso, esa primera noche…'
En Amanecer asistimos ao momento no que Bella é convertida á súa nova vida. En palabras do licántropo Jacob Black lemos: ‘observé el comportamiento de Edward (…) Parecía estar besándola. Le rozó con los labios la garganta, las muñecas y el pliegue interior de los codos. Escuché una y otra vez las obscenas perforaciones de los colmillos en la piel de Bella. Su marido estaba inoculándole veneno en el cuerpo por el mayor número de puntos. Acerté a ver cómo le lamía los cortes sangrantes (…) a fin de impedir la salida de la sangre o la ponzoña’.
Sabemos que Bella sufre unha dor inefable, que a fai pedazos, polo que di que desexaba erguer os brazos e desgarrar o peito ata abrilo e poder arrincar o corazón. A ponzoña quéimaa coma un lume que consume, pero mentres aguanta ese calvario da conversión é consciente de que a súa vida e a de Edward están agora unidas formando un único fío. Sabe que un mundo sen el é algo que non tería ningún sentido. A Bella gustoulle todo do vampiro dende que o viu a primeira vez. Agora máis, xa que os seus ollos veno con maior precisión. Os seus sentidos perfeccionáronse, ao igual que o seu físico. E tamén desfruta do seu xeito de cazar: ‘era una experiencia sorprendentemente sensual (…) Su salto suave era como el ataque sinuoso de una serpiente (…) Sentí un estremecimiento tanto de deseo como de orgullo. Era mío (…) Mi único mérito sería amar a Edward más de lo que nadie hubiera amado a otro en toda la historia del mundo. Podía vivir con eso’.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES