Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Política e políticos

jueves, 19 de febrero de 2004
Polos diversos medios informativos entérome que nos U.S.A. varios candidatos do mesmo partido (o Demócrata) andan a loitar á percura da nominación para poder ser candidatos á Presidencia da Unión contra o actual Presidente George Bush. Por certo: xa só quedan dous –John Kerry e John Edwards- despois de que Howard Dean presentase a renuncia diante dos últimos resultados colleitados.
Ó mellor neso radica a democracia: En poder escoller e non ter que votar necesariamente nunhas listas pechadas, moitas veces de compadreo, feitas en despachos moi lonxanos.
Algúns partidos moléstanse en aparentar que por maioría ou por aclamación escollen ós seus membros pero na realidade son os “aparatos” dos partidos (¡que nome, Señor!) os que escollen e dictaminan.
Visto desde os partidos, é normal que así sexa para manter a necesaria cohesión, pero este sistema non se poderá vender nunca como democracia participativa. Será outra cousa.
Votar unha lista pechada é como casarse por poder. Antes elixiron por nós. E nós non temos máis remedio que votar blanco, negro ou gris, pero non unha combinación de tódalas cores.
Comparando cos U.S.A. (e non é que me sexan colectivamente demasiado simpáticos), temos unha votación de segunda orde, unha democracia de segundo grao, un sucedáneo de democracia.
O das “listas abertas” segue a ser unha entelequia. Nunca os partidos poderán admitilo, porque se lles dinamitaría o sistema organizativo.
Así que “vaiamos todos e eu o primeiro” pola senda democrática e votemos entre o que nos ofrecen porque “eso é o que hai”.
Priman os políticos sobre a política. Os políticos benefícianse da política. E esta, a pobriña, como é xorda, non se entera.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES