Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dietas e viáticos

martes, 02 de marzo de 2010
De sempre, os funcionarios das dicversas administracións tiveron dous tipos de compensacións por gastos extraordinarios derivados de viaxes oficiais. As dietas compensaban os gastos efectuados en comidas e aloxamentos fora do seu domicilio, e os viáticos compensaban os gastos extraordinarios nos desplazamentos, xa fose en coche propio ou calquera outro sistema.

Cando o sistema está establecido con determinados importes, cada funcionario no precisa máis que acreditar ter feita a viaxe, e recibirá a compensación correspondente polo número de kilómetros de desplazamento, ida e volta, así como unha cantidade tamén por comidas e aloxamento. Que este último concepto fose diferente segundo a categoría funcionarial marcaba clases e distancias, xa que se entendía que un funcionario de clase humilde podía ir a unha pensión, e un da clase alta a un hotel acorde coa súa categoría.

Resulta que agora temos unha serie de fucionarios -que prestan unha función- da máis alta categoría, para os que están establecidas determinadas compensacións económicas. Os que diputan en Madrid teñen transporte gratuíto, pero os de Santiago reciben compensacións monetarias.

Se un deputado non conduce, terá que viaxar en taxi, ou acompañando a outro. Se ten alugado un apartamento en Santiago, non se lle compensará ese gasto, polo que o efecto económico será como se se desplazase todos os días.

E de repente alguén desperta do seu sono e descubre que hai deputados que cobran sen viaxar en coche propio, e algún pon o berro no ceo, e as denuncias transfórmanse en armas arroxadizas polos grupos políticos que non perden ocasión de mostrarse ávidos diante da carnaza sen darse conta de que aí non hai materia delictiva nin siquiera incorreccións administrativas, a menos que se minta en canto a datas e distancias.

Como o Parlamento e autónomo, e se rexe polas normas que a Cámara establece, o tema non vai dar moito máis de si, e atoparán solucións de consenso, xa que afecta a membros dos tres grupos representados no Hórreo.

Soséguense os ánimos, e traballen en paz os nosos deputados autonómicos, e se hai que regular de xeito diferenciado dietas e viáticos que se faga, pero moitas veces esquecemos que as corporacións –da local á parlamentaria- teñen os seus interventores ou secretarios que velan pola legalidade, e estes temas seguro que están perfectamente fiscalizados e á orde do día.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES