Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Efeméride veciñal

jueves, 25 de febrero de 2010
Os focenses acabamos de celebrar unha efeméride da vida veciñal. Trátase da 50 xuntanza para reclamar a dotación ó noso pobo dun servicio de urxencias sanitarias as 24 horas do día. É certo que o obxetivo aínda non se alcanzou, pero a experiencia serve para constatar dúas evidencias: o traballo incansable, serio, honesto e altruista da Plataforma pola Sanidade focega e, como contrapartida, o déficit de vergoña e de dignidade dos políticos, locais e autonómicos, que teñen ou tiveron competencias na área sanitaria do país. Ou sexa, todos. E decimos isto non porque a demanda non fose xa resolta favorablemente ós intereses veciñais, que algunha recóndita explicación podería ter, senon ó proceso que ó longo de mais de oito anos non foi senon unha sucesión de actitudes e comportamentos, insólitos e amorais, e mesmo insultantes, idénticos, dos partidos no concello: PP, PSOE e BNG. Os tres burláronse a cotío da cidadanía, utilizaron as mesmas mentiras e falsedades, igoal cinismo, dobregándose todos iles ós intereses puntuais dos seus domadores, en función do estatus que en cada intre ocupaban, (goberno ou oposición), e menospreciando, sen consideración, ó pobo e ás súas xentes. É decir, exercendo un humillante servilismo partidista. Hai quen cre que “non todos os políticos son iguais”: neste caso a teoría, posiblemente ben intencionada, derrúbase polo seu propio peso; ¡igualiños!. O incumprimento da palabra dada, común a todos eles, utilizada só como cebo á captura do voto, fala da falta de consideración e de respecto que para as xentes da política merecen os cidadáns: “Os políticos son capaces de prometer unha ponte onde non hai río”, como dixo a escritora Elvira Lindo.
“Fartos de promesas electorais incumpridas, dous pobos turcos boicotearán as eleccións próximas”, según no seu día noticiara a Axencia Efe. “Prohibida a entrada ós políticos”, rezaban senllos carteis ás entradas de Kusdagi e Vanh. Os seus alcaldes, que ó parecer están cós veciños, decrararon: “Non queremos que ninguén nos engañe mais. Non votaremos ningún partido, mentres os nosos problemas non sexan solucionados”.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES