Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai de vampiros: Eclipse

jueves, 25 de febrero de 2010
Na terceira entrega da saga Crepúsculo ábrese paso á intensificación dunha relación de amor prohibido que vai in crescendo. Bella está perdidamente namorada do vampiro e asegura que ‘si fuera por mí, me pasaría la mayor parte del tiempo besando a Edward. No había nada que yo hubiera experimentado en mi vida comparable a la sensación que me producían sus fríos labios, tan duros como el mármol, pero siempre tan dulces al deslizarse sobre los míos. Por lo general, no solía salirme con la mía’. Unha situación complexa. Máis cando Bella quere pasar a ser inmortal e coñece a condición do seu noivo para levala á práctica. Se quere que sexa el quen a transforme debe aceptar a súa humilde condición: que case con el primeiro, sabendo que Bella foi a única que lle chegou ao corazón, o seu único amor, e que ela se amosa reacia á idea do matrimonio. É moi nova. Acaba de saír do instituto e iso dunha voda tan rápida xa non se estila. Pero Edward é doutra época. No seu século todo era diferente. El ten claro a quen ama. Bella tamén, pero ve innecesario pasar polo altar. Non obstante, acabará cedendo porque el é o que máis quere.

Edward Cullen é o centro do mundo para Isabella Swan. A súa é una atracción como de imáns, achegados un ao outro mesmo pola forza da gravidade. Bella é una especie de satélite para Edward, quen sinte algo sumamente intenso pola rapaza, sufrindo o inexplicable cada vez que ela quere dar un paso máis na relación física entre ambos os dous e ten que ser el o que poña o control, o freo por medo a matala, xa que cando están tan xuntos sinte que a súa concentración diminúe demasiado. O ‘Frío’ (o bebedor de sangue) como se alude na obra para facer referencia os vampiros (tamén chamados 'sanguijuelas', 'chupasangres' ou 'parásitos', segundo os quileutes) é superprotector con Bella, quen rexeita que lle faga agasallos ao considerar que el é máis importante que ninguén no mundo, e que o regalo que lle entregou é el mesmo, moito máis do que merece, cando se considera con Edward nunha balanza moi desequilibrada. El é un ser perfecto, amable, xeneroso e moi, moi atractivo. Ela só é unha rapaza normal, torpe e tocada pola mala sorte á hora de poñerse en perigo e ver á morte de fronte en demasiadas ocasións. Trátase dun amor imposible que avanza a pasos xigantes.
O vampiro séntese mal ao ver que o licántropo amigo de Bella si pode regalarlle algo pola graduación, mentres que el como noivo non pode entregarlle nada, menos despois da discusión polos regalos feitos no seu 18 aniversario. Agora Bella acepta un regalo, despois de que Jacob Black lle dera unha pulseira de prata cun lobo tallado en madeira e feito por el. Acéptao por ser algo usado que Edward levou con el durante un tempo: un corazón de pedra (un diamante), todo un símbolo do que é o vampiro: duro e frío.
Ademais á luz do sol o corazón brilla, como lle pasa ao seu corpo coa iluminación. Ese corazón é silencioso, non late, coma o de Edward, que xa llo entregou a Bella tempo atrás ao amala incondicionalmente e para sempre.

Bella ten claro que el non pode pretender que entre no ceo se alí non van estar xuntos. A súa definición do inferno é precisamente o lugar onde non estea Edward. Pretende salvar a alma do vampiro e só por iso aceptará a condición do matrimonio para intentar consumar a súa relación antes de ser transformada nun ser inmortal, unha idea que nunca agradou o vampiro. Ela está decidida a formar parte da familia Cullen, renunciando a moito da súa vida humana, como ver os seus pais e compañeiros. Terá que desaparecer. Non poderá ter fillos. Terá que pagar un prezo moi alto para estar con Edward eternamente. Pero sabe que vale a pena. Así di: 'Edward (...) no tengo ningún interés en vivir para siempre si no es contigo. No querría ni siquiera vivir un día más’. El tamén ten claro que a postura de convertila é moi 'egoísta', polo que di que 'si hubiera alguna forma de convertirme en humano para estar contigo, no importa su precio, lo pagaría feliz', xa que 'no tenía derecho a poseerte, pero fui y te tomé de todos modos. Ahora mira cómo has acabado: intentando seducir a un vampiro'.

É tan xeneroso que ao saber o que ela sente por Jake non lle pide que escolla, senón que só sexa feliz. Engade 'toma lo que quieras de mí, o nada en absoluto, si eso te parece mejor. No dejes que ninguna deuda que creas tener conmigo influya en tu decisión'. Bella sabe que o amor por Edward é máis forte, sen el non podería vivir. 'Me envolvió con sus brazos y me besó de un modo que debía ser ilegal. Demasiado persuasivo, era como una coacción, una intimidación'.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES