Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agoralibros 'os libros nas prazas'

miércoles, 17 de febrero de 2010
Estimados amig@s:
Este ano 2010, ano Xacobeo e comezo da segunda década do século XXI, é tamén Ano do Libro e a Lectura en Galicia.

Vai facer dez anos, realizamos unha acción que foi pioneira no seu tempo e que constituíu o punto de partida para que a Muralla Romana de Lugo fose declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. Referímonos a CUMULUM, muralla de Libros, unha gran acción artística, realizada con máis de 650.000 libros, logo enviados pola UNESCO a diferentes programas de promoción da lectura en América Latina.

Logo, co auspicio da propia UNESCO, o Concello de Madrid e a Feira do Libro de Madrid, fixemos o “enlibramento” con 80.000 libros da Porta de Alcalá, a intervención “libres cos libros” da Maison da UNESCO en París, e moitas outras accións con libros (Banco de Libros, Feira DEARTE, Madrid, Libook, Palau Molla, Barcelona, ano do Libro e a Lectura en Cataluña, Librovivo, Librolibre, Museo Pedagóxico de Galicia, Santiago de Compostela, Bibliotecas de Babel, Lugo...).

Con motivo do Ano do Libro e a Lectura en Galicia, imos intervir as prazas de cinco cidades de Galicia (Praza Maior, Lugo, María Pita, A Coruña, Obradoiro, Santiago de Compostela e as Prazas Maiores de Ourense e Pontevedra) cun tapiz de libros, o día 23 de abril de 2010, ao que demos en chamar: Agoralibros, “os libros nas prazas”.

Dita acción, ten por obxecto poñer o libro e a lectura en valor, dun modo visual e ao alcance de todas as persoas. Para este proxecto necesitamos xuntar ao redor de 150.000 libros.

Unha vez desinstalados estes tapices de libros, serán entregados todos os exemplares a persoas ou institucións que os necesiten.

Para iso, queremos contar coa vosa colaboración, para que nos fagades chegar exemplares de calquera tipo ou temática, que teñades en depósito ou descatalogados, a cambio do cal, difundiremos amplamente esta axuda desde todos o medios ao noso alcance.

A retirada de volumes realizarase a través dunha compañía de transportes, sen custo algún para a vosa institución.

Rogamos poñerse en contacto connosco aos seguintes enderezos electrónicos: luzdarriba@hotmail.com, cumulum@gmail.com

Desde xa moitas grazas pola súa colaboración.

Atentamente
Fundación CUMULUM (www.cumulum.org /www.fundacioncumulum.blogspot.com)
Fundación Cumulum
Fundación Cumulum


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES