Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai de vampiros: Luna Nueva

miércoles, 10 de febrero de 2010
Despois de Crepúsculo chegou ás miñas mans Luna Nueva, un fantástico agasallo para alimentar a imaxinación. Foi unha lectura apasionante, chea de forza e sentimentos enfrontados. Unha loita de lume e xeo. Por unha banda a pel ardente de Jacob Black, un licántropo que axuda a Bella a superar a ausencia do seu amado, Edward Cullen. Pola outra a fría ausencia do vampiro, que ao volver transmite á humana a esperanza de pasar unha vida xuntos para sempre, un sentimento contra o que Bella intenta loitar por se as cousas non saen ben, despois de varios meses sentíndose desgrazada sen o ‘chupasangres’, como chama o seu amigo Jake o vampiro.

Páxina a páxina, Stephenie Meyer, que actualmente vive en Phoenix, Arizona (de onde precisamente chegaba Bella ao comezo de Crepúsculo), consegue engancharnos máis e máis á historia. A saga que segue a historia de amor sobrenatural máis adictiva de todos os tempos é para mín como unha droga… Como non sentirnos fascinados por Edward Cullen? Como non sucumbir diante das descricións que nos fai a autora en boca de Bella? Como poder resirtirnos ante unha beleza marmórea e un torso pétreo que non iguala ningún humano? Como non querer vivir unha historia (aínda que imposible) así? Como ser capaces de renunciar a un amor que sexa PARA SEMPRE en maiúsculas, que dure ETERNAMENTE?

Está claro que Meyer fixo moi ben o seu traballo, máis alá de que na grande pantalla sexa Robert Patinsson quen encarne a Edward. Con Amanecer, o cuarto libro, un chega ao final e fica ‘sen alento’, como din as críticas, por ser unha obraque ‘corta a respiración’. A historia é moi adictiva. Xa o creo. Que un best seller nos enganche non sempre sucede. Ás veces promociónanse libros dun xeito que logo decepciona, tras a súa lectura, dándonos de conta de que foi puro marketing.

Co libro que abriu a saga de Crepúsculo somos moitos os que ficamos con sede de máis. Un amor secreto. Imposible talvez. Enfrontado a miles de obstáculos. Perigoso. E a loita interior do vampiro por manter a salvo a Bella, unha loita que parece que se vai disipando cara as páxinas finais de Luna Nueva, cando a decisión de formar parte da familia Cullen por parte da moza se fai máis patente. Romance e intriga. Un montón de sorpresas e un fardo de emocións que fan dese amor perigoso una adicción.

Edward di: ‘Mi vida era como una noche sin luna antes de encontrarte, muy oscura, pero al menos había estrellas, puntos de luz y motivaciones? y entonces tú cruzaste mi cielo como un meteoro. De pronto, se encendió todo, todo estuvo lleno de brillantez y belleza. Cuando tú te fuiste, cuando el meteoro desapareció por el horizonte, todo se volvió negro. No había cambiado nada, pero mis ojos habían quedado cegados por la luz. Ya no podía ver las estrellas. Y nada tenía sentido (...) Me retendrás de forma penetrante e inquebrantable. Nunca lo dudes’.

Nesta entrega o vampiro Edward Cullen busca a súa propia morte ao chegarlle erroneamente a nova de que Bella morreu. Cando J. Black asegura que o pai de Bella, Charlie, está no enterro (do seu amigo Clearwater) pensa que Bella definitivamente morreu ao facer salto de acantilado, como lle suxerira a súa irmá vampira Rosalie. Entón Edward non pode superalo e despois de estar durante meses vagando dun lugar a outro practicando técnicas de rastreo para poder acabar con Victoria se se dá a ocasión de que esta volva a Forks para acabar con Bella (como vinganza á morte que el lle deu á súa parella, o vampiro James cando quería darlle caza á indefensa humana) decide buscar a súa propia destrución.

Como lograr a fin un inmortal? Facendo que outros coma el acaben coa súa existencia. Para iso decide provocar a ira dos Vulturis. E desprázase ata Volterra, ata onde chegará Bella (axudada de Alice) para impedir que todo remate amargamente. Saen de Volterra a salvo, pero deben cumprir unha condición imposta polos Vulturis: Bella sabe demasiado sobre os vampiros, e deben transformala. Ten que deixar de ser humana. Así, con esa promesa futura, logran volver para o fogar en Forks, sen ter que aceptar a proposta de Aro e Cayo para ficar alí, xa que os integrantes dese aquelarre de vampiros ansían contar cos dotes de Edward para ler o pensamento e de Alice para ver o futuro. Pensan que sería moi útil para os Vulturis contar con eses dous compoñentes da familia Cullen. Xa ten dúas ameazas: Victoria e os Vulturis.

Se Edward (‘¡como si hubiera alguna manera de que yo pudiera existir sin necesitarte!’) non a transforma, Bella sabe que despois da súa graduación o fará Carlishe, o ‘pai’ adoptivo daquel. Bella está tan namorada de Edward que chega a afirmar que ‘no deseaba convertirme en una fuente de culpa y angustia en su vida. Él tenía que ser feliz, y no me importaba qué precio hubiera de pagar yo’. Pois é consciente da dor que sente ao saber o mal que o pasou ela durante a súa ausencia, do furado que quedou na súa alma e que intentou curarlle Jacob Black.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES