Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai de vampiros: Crepúsculo

miércoles, 03 de febrero de 2010
O éxito de taquilla estaba asegurado polos antecedentes literarios e Crepúsculo encheu as salas de cine. O filme chegou para os seguidores da saga despois de que se venderan 17 millóns de novelas de Stephenie Meyer en todo o mundo. Segundo as distintas fontes en poucos días superou as anteriores cintas de materia vampiresca ao estilo de Drácula de Bram Stoker, Underworld, Blade, Van Helsing ou Entrevista con el vampiro, e en poucos días meteu no peto uns 143 millóns de dólares, cifra que supera con creces os 37 de custo. Todo apunta a que só en España Alfaguara vendeu en castelán e catalán máis dun millón de exemplares dos catro libros.

A adaptación á pantalla grande de Catherine Hardwicke veu cargada de romanticismo. Iso é certo. E así advertimos unha loita entre o instinto animal e os sentimentos máis puros do vampiro Edward Cullen (Robert Pattinson), que busca superar unha singular adicción: o amor que chega a sentir por Isabella Swan (Kristen Stewart). Experimenta sensacións opostas: por un lado sinte o desexo de estar ao seu carón e pretende controlar o seu instinto, intentando sentirse de novo coma un humano, pero por outro ve á rapaza como ‘comestible’ e ansía chuchar o seu sangue. Pola súa parte, Bella está tentada a deixarse morder e acadar así a inmortalidade que lles permitiría estar xuntos para sempre. Este é un xeito de plasmar o amor eterno, que vai da man dunha tamén eterna xuventude, nos 17 anos que ten Edward, un vampiro novato de pouco máis de cen anos que se agocha nun corpo de estudante.

Bella toma a iniciativa desa unión co vampiro, quen nun primeiro momento se amosa esquivo. O filme conta a historia dunha moza que toma a decisión de deixar temporalmente á súa nai despois da nova voda desta última. Vai vivir un tempo co seu pai, que resulta ser o xefe de policía de Forks, un pobo de Washington onde vive unha xeración de vampiros un tanto diferente á que coñecemos por outras versións cinematográficas, e alí coñece a uns rapaces cheos de misterio, compartindo mesa con Edward Cullen, de quen se namora,. Bella di que ‘hai 3 cousas das que estou completamente segura. 1ª, Edward é un vampiro. 2ª, unha parte del morre por beber o meu sangue. E 3ª, estou total e perdidamente namorada del’.

Un lugar onde non deixa de chover, cheo de humidade. E un amigo especial coa pel extremadamente branca e fría. Cos beizos mouros. Cunha ollada penetrante que brilla como ningunha outra. Desexo e intriga. Dúbida e atracción. Seducción e perigo. Todo isto fai do amor, a priori imposible entre os protagonistas da novela e do filme, unha paixón íntima, que foi recibida como auga de maio polo público. Despois dese éxito chegou Luna nueva, filme sobre o que xa falei semanas atrás.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES