Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Francisco Xabier Mazo

jueves, 28 de enero de 2010
¿Quén te quixo? ¿Quén te coñeceu?
A vida pasaba a toda velocidade, nun porsche boxter. A paleta enqueiraba a tua vida, a mextura de graos, moitos graos, facía a sua laboura camiño de ningures. As minas leonesas e as máquinas alemanas marcaban os teus devaneos. As cores vivas e simpáticas trataban de envainar vellas estampas. "Botáronte" e botáchete, fúchete indo pouco a pouco. Quixera recollerte, recuperate, só para momentos, só para saber que a tua mente seguía tendo a dimensión de sempre, só para admirarte e tamén para influirte, incluso para reprocharche. O aire, os avións, as guerras, o cor sepia, temas recurrentes e evasivos, o pasado se refrescaba grazas a ti, ós teus soños, ás tuas telas pintadas, algunha das cales, me enorgullezo de posuir, sempre as terei, as mimarei, falaranme por ti. Fuxiche, fuxiche ¿E agora qué? Quero falar contigo, pero non podo, esperarei un pouco máis, xa che levarei novas, quererás saber. Levareiche novos modelos, novas formas para que poidas estampar. O teu sillón estate a esperar, sentado, está sentado, estará sentado sempre, gardándoche ausencia. Quixeche e odiache, sentiche e olvidache, fixéchete e destruíchete. Xenial e xenuino, incluso leal.
Agora só me queda despedirme, despedirme con ese "xenial" que en ti tan ben resoaba, coma unha campá, coma un bater na pedra, na tua pedra. Xenial.

Ata agora, ate sempre. Sempre xenial.

O teu amigo Chema
Núñez Losada, Chema
Núñez Losada, Chema


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES