Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

T.D.T.

miércoles, 27 de enero de 2010
Se a actualidade se pode describir con siglas, as siglas da actualidade en Galicia son “T.D.T.”, que corresponden ó sistema denominado Televisión Dixital Terrestre, comezada a implantar neste país no presente mes e vai culminar o próximo abril.

É unha revolución como outras moitas que nos vai marcando o devir dos acontecementos sociais, e que os galegos de hogano vivimos como nos correspondeu vivir a entrada en Europa, a desaparición dos monopolios ou a consunción da peseta para a entrada en vigor do Euro.

No caso da TDT é a aplicación da tecnoloxía dixital á televisión, desaparecendo a televisión analóxica nunha crónica de cambio anunciada desde hai moito tempo, que agora se concreta, e que supón unha revolución total para o mundo da televisión desde os sistemas de emisión ata a recepción no máis modesto televisor do lugar máis alonxado.

O cambio en Galicia faise de xeito paulatino pero no prazo de días, de xeito que a metade do noso territorio terá transformado o sistema de recepción do sinal televisivo no presente mes e a outra metade completará esta transformación no próximo mes de abril.

Os cambios que ata agora se viviron, foron moito máis lentos. E de menor repercusión. Xa fose o cambio do blanco e negro á cor, a aparición de sucesivas cadeas que fixeron máis complicado o panorama audiovisual ou a extensión das emisión destas novas canles polo territorio autonómico, todo se fíxo moi pouco a pouco, lentamente, coa desaparición de zonas de sombra segundo se ían instalando repetidores municipais ou autonómicos, e segundo ían evolucionando as programacións. Este de agora é un cambio radical e súpeto, que evidencia que a tecnoloxía ten acadado o seu momento óptimo, e a Administración pode permitirse -case dun “plumazo” tecnoloxíco- cambiar de repente toda a infraestructura de transmisión e recepción da televisión para todos os galegos.

Ben faremos todos nós en consultar as posibles dudas, falar con técnicos, revisar instalacións, instalar codificadores, para que o que se prevé rápida revolución que transforme o panorama audiovisual non nos atope sin as condicións debidas para seguir disfrutando da irrenunciable e imprescindibe programación audiovisual.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES