Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As perspectivas da ALBA e da lusofonía

martes, 19 de enero de 2010
Tempo exterior (19) reflexiona sobre as alternativas de integración internacional.

A revista Tempo exterior, publicada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e dirixida por Xulio Ríos, ofrece no seu Nº 19, período xullo-decembro de 2009, unha serie de reflexións sobre algúns modelos de integración e cooperación dentro do sistema internacional, en concreto, a Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA) e a lusofonía.

No que atinxe á ALBA, temática central dun programa de investigación recentemente posto en marcha polo IGADI, abórdase a súa perspectiva de consolidación a través do eido enerxético, en especial PETROCARIBE (Hedelberto López Blanch), e financeiro a través do Sistema Único de Compensación Rexional de Pagos, SUCRE (Antonio Martínez Puñal). Finalmente, esta sección principal analiza o modelo de alternativo de información desenvolvido a través da ALBA (Pascual Serrano), con especial interese en TeleSur, así como ás dinámicas da actual arquitectura de seguridade en América do Sur (Roberto Mansilla Blanco).

A lusofonía e as súas estruturas de integración global representan unha posta en común de intereses que merecen unha aproximación prioritaria para a acción exterior galega, especialmente tendo en conta a nosa proximidade xeográfica e cultural cos países lusófonos. Deste modo, este número de Tempo exterior ofrece diversas reflexións sobre o discurso da lusofonía (Víctor Barros) e as particularidades da Comunidade dos Países da Lingua Portuguesa, CPLP (Odair Bartolomeu Varela e Suzano Ferreira Costa), temática completada cunha análise sobre a participación na política portuguesa dos cidadáns dos países lusófonos (Clemens Zobel e Carlos Elías Barbosa).

O número complétase cunha crítica reflexión sobre a cooperación internacional do anterior goberno bipartito (Xosé María Torres Bouza e Fidel Martín Rocha), e outra sobre as perspectivas do sistema galego de cooperación ao desenvolvemento (Emilio M. Martínez Rivas). Finalmente, abórdase unha aproximación ao tratamento informativo de realidades como a situación da muller en Alxeria (Laura Feal Sánchez) e os conflitos internacionais (David Reinero González), afondando no alcance da actual crise financeira e o fracaso das solucións aportadas polo G-20 (Xavier Vence).

Tempo exterior Nº19 finaliza cunha selección de recensións sobre as ultimas novidades bibliográficas.

O equipo de Tempo exterior deséxalles un próspero 2010 agardando que o novo ano nos faga coincidir no esforzo conxunto por acadar unha sociedade galega e internacional máis democrática, xusta e inclusiva.
IGADI
IGADI


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES