Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O uso da lingua galega na Liturxia

jueves, 11 de abril de 2002
A unificación política levada a cabo polos Reises Católicos roubounos a lingoa e deixounos mudos. A reforma relixiosa impuxo en Galicia a lingoa e a cultura de Castela. So na Ilustración, no Rexurdimento e nas Irmandades da Fala houbo intentos de recuperación. A iglesia galega actual podemos decir que non valora a lingoa do pobo nen a sua cultura salvo raras excepcións como é o caso de Monseñor Arauxo Iglesias e de D. José Diegues Reboredo.
A Iglesia “Oficial Galega” vive unha contradicción xa que dí galega e fala castelán. Froito desto os cristiáns galegos sofren unha alienación da sua lingoa. Os cristiáns galegos xunto cos pastores da iglesia de Galicia formamos parte dunha iglesia que se proclama galega cando di “A Conferencia Episcopal Galega”, “Os Bispos Galegos”, “O Concilio Pastoral de Galicia” pero a xerarquía non se expresa case que nunca en galego e por eso os cristiáns Galegos olvidamos que o noso xeito de ser cristianos e ser creintes Galegos”. Para rematar con esas contradiccións temos que expresarnos en galego tanto os fieis como a xerarquía, tanto a “Iglesia Oficial” (a xerarquía) como a “Iglesia Real” (o pobo fiel). A iglesia Galega se quere servir plenamente a Galicia ten que expresarse en galego. O pobo ten que lle esixir a xerarquía que non esté de costas a realidade e pedirlle que impulse a presencia do galego na liturxia.
Na actualidade hai grupos de galegos que se van concienciando da necesidade do emprego da lingoa galega no eido eclesial. Neste terreo están a traballar “Os Grupos Galegos de Por Vida” ou a “Asociación de Galegos de Por Vida” chamados tamén “Galegos ata a Sepultura” quenes asinaron ante notario un documento no cal lle piden a “Iglesia Oficial Galega” que no seu pensamento empreguen a lingoa galega. Teñen xa presentado moitas peticións suplicando que as suas exequias sexan feitas en galego do mismo xeito que a esquela e a lápida do sartego. A esto tamén está contribuindo a “Asociación Bienio Irmandiño”, na cal participan intelectuais como Felipe Senén, poetas como Manuel María, empresarios e membros da Real Academia Galega quenes tamén participan na “Campaña Galega de por Vida” organizando actos nos que piden exequias en galego para quenes nunca falaron castelán como foi o caso de Rvd. D. Antonio Rodríguez Fraiz.
Estos grupos proclaman que a lingoa galega é a sua lingoa e por eso queren que esta lles acompañe deica a morte. Nun acto organizado pola “Asociación Bienio Irmandiño” un fato de persoas reafirmou o seu compromiso coa lingoa galega. En toda Galicia un milleiro de persoas e na Vila do Carballiño 43 viciños firmaron un acta notarial na cal piden que os seus funerais se fagan en galego. Estas ideas tamén están apoiadas polo profesor e Académico Xesús Alonso Montero.
Diante destas peticións a Iglesia “Oficial de Galicia”, os nosos pastores, deben refrexionar e estar atentos os sinos dos tempos para que todo galego naza a vida sobrenatural (polo bautismo), viva (pola eucaristía) e morra (exequias) en galego. Esto esixe rituais no noso idioma. Tamén ten que respetar as verdadeiras vontades dos seus fillos, ten que animar para que aqueles que falen en galego tamén recen en galego. Como nesta terra o noso xeito de ser españois e ser galegos a “Iglesia Oficial” debe respetar a vontade dos seus fillos cando piden o emprego de galego no altar, nas esquelas, nas exequias e nas lápidas dos sartegos. A “Iglesia Oficial” debe falar na nosa lingoa a cal ten dignidade litúrxica. A xerarquía ten que animar para que aqueles que falan en galego tamén poidan rezar en galego. Ten que facer que todo canto teña que ver coa liturxia este en galego.
Pídolle encarecidamente os cregos, meus compañeiros, e os bispos para que comencen a dar pasos no emprego da lingoa galega tanto na liturxia coma na pastoral. Pídolles que fagan que os meniños empreguen o galego para rezar e para relacionarse con Deus. Han de facer que a liturxia en Galicia sexa na lingoa nativa. Pídolles que fagan que a lingoa galega sea a lingoa que acompañe as nosas xentes dende o berce (Bautismo) deica o sartego (Exequias). Cando reveño de decir ten que levar os pastores a impulsar a presencia do galego na primeira comunión, no casamento e na morte. Só así viviremos de noso e non de prestado.
Bande Rodríguez, Enrique
Bande Rodríguez, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES