Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iconas da infancia

lunes, 18 de enero de 2010
Non poden destruír así a quen considero unha das importantes iconas da infancia, o rato Mickey Mouse. Que pasa pola mente dos que decidiron romper coa tradicional imaxe, inocente e amable, do noso amigo da infancia? Non é posible que un símbolo coma este da factoría Disney desapareza sen máis. Non pode ser verdade...

Resulta que os rapaces de hoxe non encaixan coa maneira de ser e comportarse do personaxe. De aí que se decidira dar unha nova imaxe de Mickey, máis estilizada no físico e máis agresiva no carácter. Si. O emblema de Disney por excelencia, creado en 1928, é novamente retratado. Dise que ese novo rato (máis forte, egoísta e duro, menos cursi e amable) estará a disposición dos máis pequenos en outubro de 2010, no xogo titulado ‘Epic Mickey’ para a Wii. Aínda así o artífice do proxecto, Warren Spector (director creativo) asegura que Mickey seguirá do lado dos bos, loitando cun pincel máxico contra os malos.

Agora que Barrio Sésamo, outra das iconas infantís no que a animación se refire, acaba de celebrar o seu 40 aniversario, estas palabras teñen máis sentido. Non entendo como vamos mudar o xeito de ser dos nosos nenos e da sociedade en xeral, como vamos erradicar a violencia non só nas aulas, senón na vida mesma. Como vamos poñer fin á agresividade e á falta de tolerancia se propoñemos modelos de conduta afastados do que debería ser correcto? Cando debuxos dos estilo de Shin Chan gañan terreo sendo portadores dun desprecio cara a muller desorbitante, semella que camiñamos cara atrás na defensa dos dereitos humanos. Son debuxos de marcado carácter machista, nos que se aprecia unha violencia explícita que non ten cabida nos programas destinados os máis pequenos. Lonxe quedan as ensinanzas dos programas educativos de Barrio Sésamo co que eu medrei. Atrás fica a dozura de Espinete, o erizo rosa tan querido polos seus coetáneos, e de don Pimpón, acompañados polo panadeiro Chema e a rá Gustavo. Epi e Blas, Triki, o‘Monstro das Galletas’, o Conde Deaco... todos fixeron que nenos de varias xeracións desfrutaran da merenda aprendendo cousas moi interesantes. Ademais de aprender conceptos básicos como arriba e abaixo, dentro ou fóra, ademais de aprender os números, recibíase unha educación en valores. Aprendíase a respectar a todas as persoas. A ser tolerantes. Fóra dese espazo infantil quedan atrás tamén os xestos amables de Heidi, os Osos amorosos e Pumuki. Perviven nas películas de Disney, pero... por canto tempo?
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES