Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quisicosas (VIII)

miércoles, 13 de enero de 2010
Ano 2009. Adeus. Bon viatxe. Bye, bye. Ongi etorri. Ciao. Bon voyage. Guten Reisen. Boa viagem. Buen viaje.

Agora que fuxes do cambio climático e nos deixas cun ano mais que é coma un ano menos, non che vou a reñer como fan moitos xornalistas os que puxeche na casa como os da SGAE. Quero agradecerche haber podido disfrutarte e para iso, nada millor que lembrando a Faustino Rey Romero cando lle decia o melro larpeiro:

Mais que melro cantor eres larpeiro,
(Se che ofendo, disculpa o que che digo).
Nomearche a cereixa, a uva o figo…
Auga debe facerche no peteiro.

Esa sona que tés de lambisqueiro
E non é nova, que che ven de antigo,
Porque dunha figueira es mais amigo
Que da pola lustrosa dun loureiro.

E o teu gozo meirande andar de esmorga
Pois sabes que o que ten valeira a andorga
Elle imposible ter o ánimo ergueito.

Anque o teu proceder eu non comparto,
Cando vexo que tés o buche farto,
Que che faga, desexo, bon proveito.

Fixate ti a cantos melros larpeiros se poide aplicar o conto. A todos eles, que lles faga, desexo, bon proveito.

Tamén os que prefiren, os mais, a figueira o loureiro.

Mais non podo esquecer os melriños que teñen baldeira a andorga que supoño son moitos mais que os do buche Farto. E ainda que non me atopo dos mais cheos de culpa polo dito, non me sentía farruco ate que onte o noso Primeiro Ministro dixo que este vai ser o ano da recuperación. Falta fai porque esta lexislatura era a do pleno emprego.

Melriños, coidade tranquilos. Como dixo o Gran Capitán –hoxe non o coñece ninguén-,cando lle voaron as municións antes, creio, da batalla de Ceriñola ou da de Garellano, “estas son las luminarias de la victoria”, as verbas do noso Presidente sobre da recuperación, son como verbas bíblicas. Dixen verbas e non plagas.

Para finar este adeus teño que manifestar que, ainda que eu non a recei, non surteu efeto a rogativa que circulou polo Nadal sobre algún acollemento que pregaba a Deus facer antes do fin de ano do político mais desexado por alguns. Lediciosamente, non fixo caso Deus da súplica, feito que é moito de agradecer porque daquela, o ano que ven, imos decir como o ourensan do conto que cando dormia, non tiña “ nin intimperia: bueno hom!, fame pasariamos pero riebar, moito riebamos”. O que non sei e si as risas van tocar no reparto, en galego, en castelán ou en inglés. O conto é que riemos sin vagar porque din que é muy bon para a saude.

Xeitoso e sedicioso Ano Novo.
Goás Chao, Domingo
Goás Chao, Domingo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES