Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A escola da ignorancia

jueves, 07 de enero de 2010
É obvio que o balance dunha galopante destrucción da calidade da educación non é un espexismo.

O flagrante analfabetismo, propiciado polo fracaso do sistema educativo, disparou a alarma social, sobre todo entre os profesores, deseperados ante a incapacidade manifesta de moitos dos seus alumnos para entender e comprender.

A equívoca orientación do sistema educativo, con métodos totalmente caducos e obsoletos, provoca un desaxuste queafecta tanto ós alumnos coma ós profesores.

Deste xeito,podemos considerar a educación coma unha mestura de entretemento, satisfacción instantánea e espectáculo, que busca rematar coa capacidade de análise crítica da cidadanía, inoculado a partir da destrución do aparello educativo ou promover unha "escola da ignorancia", na que a tiranía dos alumnos, a frustración e a perda de autoridade dos profesorese a guerra nas aulas, non é un problema de percepción casual.

Nas derradeiras décadas, a política conquistou a escola. a travésde teorías que non teñen como meta a adquisición de coñecementos, senón o cambio da sociedade.

As últimas reformas educativas lograron, nun tempo récord, que a cultura dos alumnos baixe ata niveis alarmantes, que a mala educación
na vida cotiá dos centros alcanza cotas vergonzosas e que os profesores estean máis fartos, deprimidos e desesperados que nunca.

Ademáis, o gorberno leva a cabo políticas que non permiten ós centros desempeñar a súa función de institución docente, senón que lles outorga unha serie de cometidos alleos a súa natureza.

Por outra banda, non sería xusto culpar unicamente ó sistema educativo do declive da educación, a pesar de que non aporta os medios modernos e sociais necesarios para un desenvolvemento pleno da actitude crítica do alumno. Neste fenómeno masivo, xogan un papel moi importante os pais e titores do alumno, que na maioría dos casos non fomentan os valores adecuados de ansia por aprender e superarse, senón que suscitan actitudes conformistas e esclavilizadoras.

Tal vez non sexa doado atribuir un culpable a tales sucesos, pero do que non cabe dúbida é de que, nas escolas de hoxe en día, o éxito académico é un accidente indeseable e o fracaso, un noble consuelo.

A ausencia de triunfadores, convirte a todos os alumnos en laureados ó por maior, en íntimos gañadores dunha carreira sen obstáculos nin asignaturas pendentes. O principal xa non é obter unha sólida formación cultural, senón entreterse ata a náusea.
Sambad, Cris
Sambad, Cris


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES