Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cántiga ó Nacemento

lunes, 04 de enero de 2010
Nun portal moi humildiño,
un boi alenta a un meniño.
¡Onte en Belén de Xudá!

Unha mula come o feno,
que fai de cama pro neno.
¡Onte en Belén de Xudá!

María a nai, cose e fía,
nunha noite crara e fría.
¡Onte en Belén de Xudá!

Prepara Xosé madeira,
dunhas pólas de oliveira.
¡Onte en Belén de Xudá!

Un anxo anuncia cun canto,
un parto con moito encanto.
¡Onte en Belén de Xudá!

Unha estrela que reluce,
por un atallo conduce.
¡Onte en Belén de Xudá!

Tres Reis seguen a guía,
con presentes para a cría.
¡Onte en Belén de Xudá!

Tódalas xentes de ben,
van adora-lo recén.
¡Onte en Belén de Xudá!

Éste neno é un luceiro,
dará luz o mundo enteiro.
¡Onte en Belén de Xudá!

Fagamos Festa Maior:
¡¡naceu o Salvador!!

¡En Sober hoxe e mañá,
onte en Belén de Xudá!
F. Guitián, Luis
F. Guitián, Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES