Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felicitación

miércoles, 30 de diciembre de 2009


Vai moito frío. Hoxe, neste despacho da Facultade hai moitos libros e ningunha quentura. Non hai neguen máis en todo o edificio. Aproveito a soidade porque, despois dun ano complicado, preciso recluírme un par de horas nesta tardiña na que xa se presinte a maxia dunha noite diferente. Quixera estar un anaquiño en conversa íntima comigo, Deus mediante, pero non me é posible. De súpeto decátome de que non son quen de illarme: a cabeza responde e Deus tamén, pero no meu corazón bulen as palabras dos amigos e das amigas, a se enredaren coas miñas verbas solitarias. Se cadra, son un sentimental anacrónico e impenitente, pero, que queredes, síntome na obriga de vos agradecer esa vosa presenza persistente porque non sei vivir sen vós. Vai moito frío e chove, pero por aí anda unha estrela.

García Cendán, Bernardo
García Cendán, Bernardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES