Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Universidades

viernes, 01 de enero de 2010
Chegada a época das vacas fracas, os presupostos das institucións rexistran importantes reduccións derivadas da minoración de ingresos. Ocorre en todos os niveis institucionais, nos concellos, nas deputacións, na Xunta... E en todos os organismos que deles dependen.

Económicamente, da Xunta dependen as Universidades, que pasan por difíciles momentos económicos como non deixan de proclamar.

É ben sabido que das taxas universitarias e calquera outros ingresos externos non poden financiarse estas institucións públicas chamadas a formar ós especialistas do mañá inmediato, e que desta formación depende o presente e o futuro. Pois a tres universidades galegas -Compostela, Vigo e A Coruña- non deixan de proclamar as súas carencias e desfases, que en 2010 van ser moi graves, e de seguir así en 2011 farán inviable a súa permanencia.

Ninguén agarda solucións milagrosas, e ninguén confía nunha inmediata e cómoda financiación das nosas universidades, pero o problema aí está para ser considerado dentro do global da economía galega, pero tendo en conta o esencial servizo que as universidades prestan e a necesidade de que o Estado e as autonomías se impliquen de xeito directo en garantir a súa pervivencia.

Se as universidades participan ou non na hipertrofia das administracións deberán certificalo os órganos correspondentes, pero o que está meridianamente claro é que para investigar e ensinar precísanse fondos, e destas infraestructuras e do seu coidado obteremos resultados que noutros paises se valoran de xeito moi especial e aquí pouco máis facemos que imaxinalos, aínda que sexan moi reais.

Ollo coa Universidade!. Eí está a garantía do noso futuro. Cos controis que se queira, deben poder funcionar ó abrigo de calquera continxencia temporal, por grave que esta resulte.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES