Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustiza Ambiental burlada em Copenhaga

martes, 22 de diciembre de 2009
Despois de duas semanas e mais de 128 paises a participar, temos que lamentar que os acordos acadados non son os esperados nen os necesarios para trabar a ameaza da mudança climática. Marcouse o obxectivo de non superar unha subida de temperatura de 2ºC para o conjunto da TERRA, mas, como?. Si o acordo non é vinculante como se pensa que se vai conseguir?. Segundo os datos que temos seria necesario abaixar as emisións de gases de efeito estufa non menos dun 40% para que o proceso de aquecemento en que se encontra a Terra for controlado. Xa na reunión do G8, chegárase á conclusión da necesidade dunha redución de atá un 50% para 2050, para os paises menos desenvolvidos e do 80% nos mais desenvolvidos tendo como referencia 1990. A Unión Europea figura no grupo dos paises que se “anotan” voluntariamente a esa redución. Todo fica en mans das voluntariedades. Que poderemos agardas destas?. Na época de Aznar non se fixera caso nigún ao acordo de Quioto, que era vinculante, superándo España en muito a tasa de emisións que tiña asignada. (Os últimos datos de España apontan a que en 2008, as emisións superaron nun 40% ás de 1990, ano de referenza do Protocolo de Kioto, que fixaba para o estado un aumento máximo do 15%). Para Galiza esto foi asi de largo. Dado a pouca povoación que temos, a perda constante desta, as emisións en Galiza superan de largo as que serian permitidas pola ética e a solidariedade. Sufrimos o que se pode chamar un forte deficit ambiental porque superamos a pegada ecolóxica da media de España e da Media de Europa.
Qué nos pode quedar aos ecoloxistas galegos? Tomo a parlabra a Arnold Schwarzenegger: “Termineitor” en defensa das pequenas nacions e da implicación social quen, no pasado 15 de Decembro fixo un chamamento para un acordo global sobre o clima que involucra a todos os estados autónomos e as comunidades nacionais como poderia ser Galiza. Segundo el, “Os Governos do Mundo sós non van poder construir as estratexias necesarias para trabar o problema da mudanza Cilmática. Será necesario a implicación non só dos estados, mas das cidades , provincias e Rexions. Necesitanse as empresasa os activistas, as Universidades. Xulgo interesante a sua postura, porque, como Governador dun Estado Autónomo foi a Copenhaga para por en destaque os esforzos necesarios dos Governos Locais. El comprométeuse a que California iria reducir as emisions ao nível de 1990 para o ano 2020 o que significa un recorte destas que frisa o 30% das emisions de gases proxectadas.
Despois do fracaso dos Governantes que non conseguiran seren líderes (como os manifestantes lles pediran) só fica a ación popular. Evo Morales, representado aos paises pobres, que sufren as cpnsecuencias da polución dos mais ricos (que, ademais lles expolian os seus recursos) fai un chamado a ación. Reclama unha gran movilización para o próximo Dia da Terra no mes de Abril consciente que só a presión cidadá será quen de mover aos políticos que dependen dos votos para estaren no poder.
O problema que vamos ter aquí é de pedagoxia.
Como facermos sentir a necesidade desta presión. Desde o ponto de vista mediático na Galiza e en España non houbo un grande seguimento da Conferencia. Será que teremos que facer como dicia Castelao: petar e petar nas consciencias da xente atá criar un estado de opinión... Vai ser dificil porque as mudanzas non son tan visíbeis no curto tempo a que estamos acostumados a axir. Só coa connivencia dos medios de comunicación é que se poderá criar ese estado de opinión. Serán estes mais libres e independentes do que o foran durante os 15 dias de Copenhaga?.
Que teriamos que facer como cidadans responsabeis? Cada un de nos podemos axudar a reducir as emisións de efeito estufa, controlando o noso gasto enerxético o noso consumo e os nosos residuos.
Os governantes teñen unha grande responsabilidade en materia de Transportes: as emisions neste apartado representan, na Galiza, o 40-50% das emisions difusas. Apostar polo caminho de ferro e de proximidade seria unha medida contundente. Pola contra constróense mais autoestradas que destrozan irreversíbelmente o territorio e fomentan o uso do automóbel privado incrementando as emisións de gases e a dos lixos xerados coa chatarra. Teriamos que ir a un Plano de Residuos descentralizado que fomentase a compostaxe e aproveitamento enerxético destes (metanización dos purins por exemplo). Teriamos que cuidar dos nosos rios que en muitos casos mostran un lamentábel estado e a eutrofización das augas estagnadas incrementa as emisions de metano, un gas 38 veces mais potente no seu efeito estufa que o CO2. Teriamos que impedir que os planeamentos urbanísticos fomentasen a dispersión povoacional con urbanizacións periféricas que producen movimentos de transporte privado e desvaldimento enerxético. Teriamos que fomentar o transporte público tanto o urbano como interciti, com medidas drásticas e contundentes. Teriamos que avaliar fidedignamente a nosa pegada de carbono, para saber com certeza canto poluimos. Andalucia apresentou en Copenhaga unha metodoloxia para esta avaliación. (Galiza tiña no 2007 unha pegada ecolóxica de 6,8, mentras a media de España era de 5 Hªs). O Presidente Zapatero acaba de apresentar o borrador da Ley de “Economia Sostenible”, onde se tratan todos estes temas. Entre outras cousas declárase que se vai promover o tren de cercanias. Ten esto algo a ver coa construción descontrolada de autovias que está a acontecer agora na Galiza xunto có abandono do tren?. A cidadania concienzada deberia exixir o cumplimento das leis ambientais, o respeito polo Patrimonio natural e cultural e, sobre todo axir com sentidiño, na consciencia de que os recursos do Planeta son limitados, que este (A Terra) é un sistema de funcionamento dinámico por retroalimentación, en que, como dixera o xefe indio Seatle todo o que lle fagamos a Terra a Terra nolo devolverá. E xa o está a facer, só que comeza polos mais vulnerábeis, como os de Tuvavu que ven o seu país mergullado nas augas do oceano.
Esixamos xustiza ambiental e estaremos no camiño de garantir un futuro aos nosos descendentes. É a hora da cidadania.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES