Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Quen vai indemnizar?

viernes, 18 de diciembre de 2009
Os cidadáns temos dereito a ser indemnizados cando sufrimos mermas no noso patrimonio por deficiente actuación dunha administración pública. Eso é de xeral aceptación, pero a inmensa maioría das administracións non están preparadas –economicamente- para afrontar unha situación problemática coma a que agora a algunhas se lles plantea.

O caso máis sonado é o do concello da Guarda, en Pontevedra, e o das vivendas co Celeiriño en Viveiro (Lugo), onde se está procedendo a derrubar construccións que por un ou outro motivo non se acomodan á legalidade.

Cando o afectado é culpable, por non cumprir os requisitos que a Lei establece, non pode aspirar a ter dereito a aindemnización, pero cando o interesado cumpriu con todos os requisitos e é a administración a que falla, as administracións deben prepararse para facer fronte ás súas obrigas.

O caso da Guarda, o de maior volúme tamén, resulta especialmente problemático polo derrubo de vivendas que contaban coa oportuna licencia municipal, se ben o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulas as licencias porque afectaban a terreos de protección paisaxística. E non hai recurso posible, polo que xa se produciron derrubos de vivendas.

Os afectados calculan as indemnizacións ás que teñen dereito en arredor de sete millóns e medio de euros, importe que en principio corresponderíalle aboalo ó concello, que caería na quebra máis absoluta se tivese que facer fronte a un cargo así.

E sen embargo alguén ten que correr con ese custo, derivado dunha imprevisión ou erro do concello á hora de expedir licencias.

E esta cifra, só no concello da Guarda, que non ten porque ser unha excepción, senón quizais a punta dun iceberg de problemas similares ós que legalmente é doado atoparlles solución, pero económicamente xa non tanto. E sen embargo, o problema está aí. Non pode ser adiado, porque falamos de persoas que perden as súas casas e precisan enfrontar de inmediato algunha solución.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES