Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vidas paralelas: Manuel Cordero Pérez e Jordi Solé Tura

miércoles, 16 de diciembre de 2009
Vidas paralelas: Manuel Cordero Prez e Jordi Sol Tura Os estremeños tócanse, foi o título dunha famosa obra de teatro, unha comedia musical de Pedro Muñoz Seca, levada ao cine por Alfonso Paso. Pero hoxe, e aquí, vou falar de algo máis serio, moitísimo máis, ¡de dous extremos coincidentes! Un, galego, do finisterrae hispano; e o outro, do Mare Nostrum. De punta a punta, pero con grandes coincidencias, que non deben pasarnos desapercibidas; así que, hoxe, Día da Constitución, tómome a liberdade de ufar un: ¡Vivan por sempre (na nosa lembranza, obviamente), os Constitucionalistas, os fautores das Constitucións!

Mal estaríamos sen constitucionalistas, pois, por mal que as fagan, peor estariamos na anarquía, ou nunha ditadura. Unha constitución, toda constitución, como toda obra humana, e máxime estas, nadas, sempre, dunha tirapuxa entre mentalidades e actitudes coexistentes, é, pode ser, debe ser, mellorable. O que non poden ser é esquecidas, nin elas nin os seus autores.

Daquela, ¿por qué esquecemos, maiormente as mulleres, que aínda non lin a primeira que dedicase un agradecemento escrito ao noso Manuel Cordero Pérez, codefensor con Clara Campoamor, nas Constituíntes de 1931, e á contra dos temores do seu propio partido, que a muller tivese voto, un voto igualitario cos homes? Os cataláns berraban aquilo de ¡Esperta, ferro! pero aquí non sobraría un ¡Esperta, Castroverde!

Ambos, o catalán e mais o galego, empezaron de panadeiros; ambos foron parte activa, decisiva, en sendas constitucións. ¿Caben dúas vidas con máis paralaxe? A diferenza vai estar, está, en que os paisanos do actual, calquera que sexa a súa ideoloxía, están honrando a memoria do seu… ¿e nós? ¡No comment, que dixo o inglés!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES